Saltar ao contido

Río Mente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
NacementoSerra de Texeiras
Altitude1281 m
Lonxitude57 km
Desembocadurarío Rabazal
Río Mente.

O río Mente é un curso fluvial do noroeste da península Ibérica, cunha extensión total de 57 km.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace na Serra de Texeiras, a 1281 m de altitude, no límite entre os concellos de Riós e Castrelo do Val. Vai cara ao sur polo concello de Riós durante 25 km até a aldea da Veiga do Seixo, na parroquia de Castrelo de Cima. Fai fronteira entre Galicia e Portugal até recibir as augas do río Arzóa, e desauga no río Rabazal, a 400 m de altitude. Ao seu paso pola aldea portuguesa de Sandim as súas augas teñen propiedades minerais e medicinais.

Morfoloxicamente é un río que escavou un profundo val encaixado, no que o desnivel entre o leito e a montaña pode superar os 400 m. As súas marxes son maioritariamente rochosas, con algunhas planicies de aluvión. As ribeiras son abruptas, cunha gran biodiversidade. As súas características concedéronlle o dereito de pertenza ao Parque Natural de Montesinho en Portugal e á Rede Natura 2000.

No ano 2009 descubriuse na ribeira do río Mente unha especie vexetal que era descoñecida na flora autóctona de Portugal, a Viburnum lantana, que pasa a engrosar a biodiversidade do Parque Natural de Montesinho. No extremo sur do seu curso confirmouse a presenza da ameixa perlífera de río, que aparece aquí e nos veciños río Rabazal e río Tuela. A poboación portuguesa desta especie é unha das maiores de Europa, un feito importante debido a que regresión que sufriu no último século sitúaa en risco de extinción.

Nos límites das aldeas da Veiga do Seixo, Segirei e Sandim de Lomba as augas do río Mente foron represada para formar praias fluviais, moi frecuentadas nos meses de verán polos turistas das localidades veciñas.

Despois da praia fluvial de Segirei xorden de forma espontánea augas medicinais con propiedades terapeuticas, que foron recollidas durante moitos anos do río, nos afloramentos rochosos que afloran co descenso do leito do río en época estival. Son coñecidas como augas de Sandim. Estas augas foron canalizadas nas proximidades da praia de Segirei. Recentemente fixéronse sondaxes na ribeira esquerda do río e unha empresa está explorando a súa explotación industrial.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.