Saltar ao contido

A Fraga do Curral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaA Fraga do Curral
Tipobosque Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCastrelo de Abaixo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°54′51″N 7°11′06″O / 41.914057, -7.1849759

A Fraga do Curral é un espazo natural situado na parroquia de Castrelo de Abaixo, no concello de Riós, na fronteira entre Galicia e Portugal. É un promontorio rochoso que domina o val fluvial de Trambolosríos, con abundantes penedos graníticos e formacións de filitas.

Aínda que se atopan numerosas especies vexetais autóctonas, a fraga destaca polo seu bosque de piñeiros, froito dunha repoboación forestal realizada na década de 1940, e na que participaron numerosos veciños.

A zona da Fraga do Curral tamén é o refuxio de varias especies como perdices e xabaríns, e dende fai varios anos constitúe lugar de aniñamento e territorio de caza de varias aves rapaces.