Castrelo de Cima, Riós
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Castrelo de Cima | |
---|---|
Vista da aldea | |
Concello | Riós[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°57′55″N 7°12′27″O / 41.965275889033, -7.2076084260982 |
Poboación | 110 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Castrelo de Cima (tamén coñecido como Castrelos de Cima ou Castrelos de Riba) é unha parroquia do municipio de Riós. Comprende as aldeas de Castrelo de Cima, Covelas, As Lapedas (desaparecida), o Mourisco, San Paio e A Veiga do Seixo, limitando directamente esta última coa fronteira portuguesa. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 110 habitantes (58 homes e 52 mulleres).
Clima e contorno
[editar | editar a fonte]A parroquia, como todo o concello de Riós, posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e aloxa algunhas especies de flora como a aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), o terebinto (Pistacia terebinthus), ou o arce de Montpelier (Acer monspessulanum), e de fauna, coma o abelleiro (Merops apiaster), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), a gaio azul (Coracias garrulus) ou a osga (Tarentola mauritanica), especialmente raras en Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira referencia escrita da que se ten constancia sobre Castrelo de Cima atópase na Casa de Contratación no Archivo General de Indias. A partir do descubrimento de América a Casa de Contratación era o organismo encargado, entre outras funcións de organizar as primeiras expedicións a América. Nun documento datado do 23 de marzo de 1615 menciónase a un tal Juan Rodríguez, fillo de Juan Esteban e Inés Rodríguez, "natural de Castrelos de Cima", que viaxa ao Perú como criado de Pedro Enríquez de Guzmán, capitán da garda de Francisco de Borja. Posiblemente se tratase da primeira persoa de Castrelos que viaxou ó Novo Mundo.[3]
Entre 1812 e 1835 Castrelo de Cima formou parte do concello de Castrelo, sendo a sede do concello, pero a partir de 1835 pasou a formar parte do concello de Riós, que xurdiu coa unión dos anteriores concellos de Riós e Castrelo.
O topónimo de Castrelo ("pequeno castro"), así como algúns obxectos atopados nos arredores da poboación, poderían indicar unha continua presenza humana desde época romana. O topónimo é compartido pola parroquia veciña de Castrelo de Abaixo.
Monumentos
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Santa María de Castrelo de Cima foi construída no século XVIII. O retablo, da mesma época, rodea a figura de madeira da patroa e unha cruz procesional do século XVII. Foi restaurado no ano 2005.
Festas e tradicións
[editar | editar a fonte]As festas celébranse en torno os días 7,8, e 9 de setembro en honor de Nosa Señora dos Remedios, patroa da parroquia. Na festa celébrase o ritual da Queimada, instaurado na década de 1970 e que constitúe un intento de recuperar e ensalzar unha serie de costumes e festividades autóctonos, á vez que se impulsaban as festas patronais, polo que se celebra o terceiro e último día das festas.
Existía un entroido tradicional con máscaras e traxes típicos (vellarróns) en Castrelo de Cima e na Veiga do Seixo, aínda que desapareceron hai varias décadas. O concello do Riós patrocina a recuperación destes traxes no marco do entroido da comarca de Verín.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castrelo de Cima
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castrelo de Cima no concello ourensán de Riós | |
---|---|
Castrelo de Cima | Covelas | As Lapedas | O Mourisco | San Paio | A Veiga do Seixo |
Parroquias de Riós
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Código de Referencia ES.41091.AGI/16404.42.3.139//CONTRATACION,5346,N.12