Trasestrada, Riós
Trasestrada | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo e reitoral da Chaira | |
Concello | Riós[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°59′56″N 7°18′55″O / 41.99888942, -7.31515492Coordenadas: 41°59′56″N 7°18′55″O / 41.99888942, -7.31515492 |
Poboación | 249 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo Estevo de Trasestrada é unha parroquia do concello de Riós. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 249 habitantes (124 homes e 125 mulleres). Ten dez entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Trasestrada sitúase no fondo dun val fluvial formado polo río Lamas e os seus afluentes (principalmente o río da Veiguiña).
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome de Trasestrada parece facer referencia á proximidade do Camiño Real entre Castela e as Rías Baixas. Tamén se especula que poida gardar relación coa vía romana que pasaba por este territorio.
Economía
[editar | editar a fonte]As actividades económicas principais son o cultivo da pataca, do millo, antigamente do trigo e da cebada, os castiñeiros e as touzas. Tamén se practica a gandaría, especialmente a bovina (en tempos houbo unha extensa gandaría lanar). O cultivo do liño, frecuente aínda a principios do século XX, está desaparecido.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santo Estevo de Trasestrada posúe un gran retablo barroco, realizado, segundo consta nunha inscrición do ano 1746, sendo abade o licenciado Luis Cobelas. Destacan as tallas de anxos e motivos vexetais, ademais das imaxes de Santo Estevo e Santa Tareixa, á que tiñan gran devoción os membros da casa nobre de Alba, da que dependía a igrexa.
Segundo Pérez Costanti, o escultor Alonso Martínez realizou en 1602 un retablo para esta parroquia, e unha imaxe da Virxe, hoxe desaparecidos. No museo do bispado de Ourense pódese admirar unha imaxe da Virxe con neno Xesús procedente desta parroquia. Proba da riqueza que recibiu é a abundante ourivaría, na que destaca a cruz procesional, feita no ano 1807 polo prateiro Ortiz.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Trasestrada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Trasestrada no concello ourensán de Riós | |
---|---|
Cortegada | Domiz | A Eirexa | Mirós | Pedrosa | San Pedro de Trasverea | Sarreaus | O Souto | Valfarto | A Veiguiña |
Parroquias de Riós
[editar | editar a fonte]