Castelo de Fontainebleau
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Castelo de Fontainebleau | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | château e museo ![]() | |||
Estilo | arquitectura do Renacemento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Illa de Francia | |||
Departamento | Sena e Marne | |||
Comuna francesa | Fontainebleau ![]() | |||
Rúa | General de Gaulle Square (en) ![]() ![]() | |||
Enderezo | place du Général-de-Gaulle ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Tratado de Fontainebleau (pt) ![]() | ||||
Napoleon I's first abdication (en) ![]() ![]() | ||||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Q104519218 ![]() ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 144 ha ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Estado francés ![]() | |||
Ocupante | Musée national du Château de Fontainebleau (en) ![]() ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 22 de xaneiro de 2009 | |||
Identificador | PA00086975 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 10 de outubro de 2008 | |||
Identificador | PA00086975 | |||
| ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1981 (5ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (vi) ![]() | |||
Identificador | 160 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 10 de outubro de 1930 | |||
Identificador | PA00086975 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 20 de agosto de 1913 | |||
Identificador | PA00086975 | |||
| ||||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 1862 | |||
Identificador | PA00086975 | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | chateaudefontainebleau.fr ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Royal Château de Fontainebleau é un dos maiores Châteaux Reais franceses. Está localizado na cidade de Fontainebleau, departamento de Seine-et-Marne, no norte de Francia.
O palacio reflicte, actualmente, o traballo de varios monarcas franceses, construído a partir dunha estrutura inicial de Francisco I. O edificio esténdese arredor dunha serie de patios.
A cidade de Fontainebleau creceu ao redor do que restaba do Bosque de Fontainebleau, un antigo parque de caza real.
Este pazo introduciu en Francia o Maneirismo italiano, tanto na decoración de interiores como nos xardíns, e transformouno ao facer a tralación a Francia. O Maneirismo francés na decoración de interiores do século XVI coñécese como "Estilo Fontainebleau": este combina escultura, traballos en metal, pintura, estuco e traballos en madeira. Exteriormente introduciu o parterre de xardín. O Estilo Fontainebleau combinou pinturas alegóricas en traballos de rebocador moldeados, onde o encadramento era tratado como se fose coiro ou papel, cortado enrolado en pergamiños con arabescos e grotescos.
Os ideais da beleza feminina en Fontainbleau son Maneiristas: unha pequena e graciosa cabeza nun pescozo longo, exaxeradamente longos torso e brazos, peitos pequenos e altos — case un regreso ás belezas do gótico tardío. Os novos traballos en Fontainebleau foron feitos en refinados e detallados gravados que circularon entre coñecedores e artistas.
A través dos gravados feitos pola "Escola de Fontainebleau", este novo estilo foi transmitido a outros centros do norte de Europa, especialmente Anveres, Alemaña e, máis tarde, tamén Londres.
Historia
[editar | editar a fonte]

O vello castelo que se erguía neste lugar xa se usaba ao final do século XII polo Rei Lois VII, para quen Thomas Becket consagrou a capela. Fontainebleau foi unha das residencias favoritas de Filipe II e de Lois IX. O creador do actual edificio foi Francisco I, para quen o arquitecto Gilles le Breton erixiu a maior parte das construcións do Cour Ovale (Cortiña Oval), incluíndo a Porte Dorée, a súa entrada Sur. Este rei tamén convidou para Francia, Sebastiano Serlio e Leonardo da Vinci. A Galería de Francisco I, cos seus afrescos feitos en estuque por Rosso Fiorentino, foi construída entre 1522 e 1540, sendo a primeira gran galería decorada en ser construída en Francia. dun modo xeral, Fontainebleau introduciu o Renacemento en Francia. A Salle des Fêtes, no reinado de Henrique II, decorouse polos pintores Maneiristas italianos, Francesco Primaticcio e Niccollo dell Abbate. A "Ninfa de Fontainebleau", de Benvenuto Cellini, encomendada para o palacio, está no Louvre.
Foi levada a cabo outra campaña de extensas construcións por Henrique II e Catarina de Médici, que contrataron os arquitectos Philibert Delorme e Jean Bullant.
Ao Fontainebleau de Francisco I e Henrique II, Henrique IV engadiulle o patio que leva o seu nome, e aínda o Cour des Princes, coa adxacente Galerie de Diane de Poitiers e a Galeríe des Cerfs, usada como biblioteca. Nestes proxectos adicionais desenvolveuse unha "segunda escola de decoradores de Fontainebleau", menos ambiciosa e orixinal que a primeira. Henrique IV perforou o bosque cun canal de 1200 m. (onde se pode pescar actualmente) e ordenou a plantación de piñeiros, olmos e árbores de froita. O seu xardineiro, Claude Mollet, adestrado no Château d'Anet, executou parterres. Tres séculos despois o palacio entrou en decadencia; durante a Revolución Francesa moito do mobiliario orixinal foi vendido, no decurso das vendas revolucionarias do contido de todos os palacios Reais, concibidas como unha forma de conseguir diñeiro para a nación e asegurar que os Borbóns non poderían volver aos seus confortos. Porén, unha década despois, o Emperador Napoleón Bonaparte, comezou a transformar o Château de Fontainebleau nun símbolo da súa grandeza, como unha alternativa ao baleiro Palacio de Versailles, coas súas connotacións Borbónicas. En Fontainebleau, Napoleón asinou a súa abdicación, co Tratado de Fontainebleau, despediuse da súa Vella Garda e foi para o exilio, en 1814. Con modificacións á estrutura do palacio, incluíndo a entrada de cantaría suficientemente larga para a súa carruaxe, Napoleón axudou a facer do palacio o lugar que os visitantes coñecen actualmente. Fontainebleau foi o escenario da Corte do Segundo Imperio, do seu sobriño Napoleón III.
Filipe IV, Henrique III e Lois XIII naceron neste palacio, e o primeiro destes reis tamén morreu aquí. Cristina da Suecia viviu en Fontainebleau durante varios anos, despois da súa abdicación en 1654. O 1685 Fontainebleau asistiu á sinatura do Edicto de fontainebleau, quen revogou o Edicto de Nantes (1598). Os hóspedes reais dos Reis Borbón instaláronse en Fontainebleau: Pedro I de Rusia e Cristián VII de Dinamarca, e tamén, na época de Napoleón, o Papa Pio VII — en 1804 cando veu consagrar Napoleón como Emperador, e entre 1812 e 1814, cando foi o seu prisioneiro.
Actualmente, parte do palacio alberga as "Écoles d'Art Américaines", unha escola de arte, arquitectura e música para estudantes dos E.U.A.. Preservado nos campos está o jeu de paume (pista de tennis real) de Henrique IV. É a maior pista de tenis deste xénero no mundo, e unha das poucas de propiedade pública.[1]
O 1981, o Château de Fontainebleau foi cualificado como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Parte esquerda do Patio de Honra
-
Fontainebleau visto desde o lago
-
Xardíns
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cercle du jeu de paume de Fontainebleau. "Histoire de la salle de jeu de paume de fontainebleau". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2008. Consultado o 19 de marzo de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castelo de Fontainebleau |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Le Château de Fontainebleau (en francés e español)
- Musée Château de Fontainebleau (en francés)
- World Heritage profile (en inglés)