Cristián VII de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cristián VII de Dinamarca
Christian VII 1772 by Roslin.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1749
 Palácio de Christiansborg
Falecemento13 de marzo de 1808
 Rendsburg
SoterradoCatedral de Roskilde
NacionalidadeReino de Dinamarca e Noruega
Relixiónluteranismo
Ocupaciónmonarca e monarca
PaiFrederico V da Dinamarca
NaiLuísa da Grã-Bretanha
CónxuxeCarolina Matilde da Grã-Bretanha
FillosFederico VI de Dinamarca e Luísa Augusta da Dinamarca
IrmánsFrederico, príncipe-herdeiro da Dinamarca, Sofia Madalena da Dinamarca, Guilhermina Carolina da Dinamarca, Luísa da Dinamarca e Christian, Crown Prince of Denmark
PremiosOrdem do Serafim, Orde do Elefante e Ordem de Dannebrog
editar datos en Wikidata ]

Cristián VII, nado o 29 de xaneiro de 1749 e finado o 13 de marzo de 1808, foi un monarca da casa de Oldenburg que foi rei de Noruega e Dinamarca e duque de Schleswig e Holstein dende o ano 1766 até a súa morte. Como o seu lema escolleu: "Gloria ex amore patriae" ("gloria a través do amor á patria").[1]

O reinado de Cristián VII estivo marcado pola súa doenza mental e porque a maioría do seu reinado só foi monarca nominalmente. O seu medio irmán Federico foi designado como rexente de Dinamarca en 1772. Dende 1784 até a morte de Cristián VII en 1808, o fillo de Cristián, posteriormente Federico VI, exerceu como rexente non oficial.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Magne Njåstad. Store norske leksikon, ed. "Christian 7". Consultado o 15 de agosto de 2016. 
  2. kongernessamling (ed.). "Frederik the Heir Presumptive". Consultado o 15 de agosto de 2016.