Rosso Fiorentino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosso Fiorentino
Houghton Typ 525 68.864 - Vasari, Le vite - Il Rosso.jpg
Nacemento8 de marzo de 1494
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento14 de novembro de 1540
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Alma máterAccademia delle Arti del Disegno
Ocupaciónpintor, gravador, debuxante e fresco painter
Coñecido porAlegoría da salvación, Alegoría macabra e retablo de Villamagna
Na rede
Musicbrainz: 85da8003-b7e7-45c9-b693-5e1d4f6d744e Discogs: 4076782 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rosso Fiorentino, nado en Florencia o 8 de marzo de 1494 e finado en Fontainebleau (París) o 14 de novembro de 1540, foi un pintor manierista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arte no estudio de Andrea del Sarto xunto ó seu contemporáneo, Pontormo. Fuxindo de Roma despois do Saqueo de 1527, Fiorentino foi a Francia onde conseguiu unha posición na corte de Francisco I en 1530 e permaneceu alí ata a súa morte. Xunto con Francesco Primaticcio foi un dos artistas principais a traballar no Chateau Fontainebleau. Alí realizou frescos e estucos nos que a súa arte se volve caprichosa e elegante, como un anticipo do barroco. Unha das súas últimas obras e ó tempo unha das súas obras mestras é A Piedade que se atopa actualmente no museo do Louvre.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]