Carmen de Burgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen de Burgos y Seguí
Carmen de Burgos.png
Nome completo María del Carmen Ramona Loreta de Burgos y Seguí
Alcume Colombine, Gabriel Luna, Perico el de los Palotes, Raquel, Honorine e Marianela
Nacemento 19 de decembro de 1867
Lugar Rodalquilar, Níjar
Falecemento 9 de outubro de 1932 (64 anos)
Lugar Madrid
Soterrado Cemiterio Civil de Madrid
Nacionalidade España
Ocupación xornalista, novelista, escritor, tradutor, feminista e suffragette
Xéneros novela, ensaio, narrativa
editar datos en Wikidata ]

Carmen de Burgos y Seguí —tamén coñecida polos pseudónimos Colombine, Gabriel Luna, Perico el de los Palotes, Raquel, Honorine e Marianela— , nada en Níjar, Almería, o 10 de decembro de 1867, e falecida en  Madrid o 9 de outubro de 1932, foi unha xornalista, escritora, tradutora e activista dos dereitos da muller española.[1] Considérase a primeira xornalista profesional en España e en lingua castelá, pola súa condición de redactora do madrileño Diario Universal en 1906, xornal que dirixía Augusto Figueroa.[2] 

Biografía[editar | editar a fonte]

Carmen de Burgos viviu no barrio de Rodalquilar, no concello de Níjar, onde o seu pai, vicecónsul de Portugal en Almería, posuía terras, minas e o casal "La Unión". Aos dezaseis anos casa con Arturo Álvarez Bustos, con quen tivo un fillo e unha filla. Álvarez Bustos era un xornalista doce anos maior ca ela, fillo do gobernador civil de Almería, quen ademais tiña en propiedade a imprenta da que saía o principal xornal da capital, o cal lle permitiu a Carmen familiarizarse co mundo da prensa desde moi cedo.[3]

En xuño de 1895 obtivo en Madrid a titulación de mestra de Ensino Elemental Primario e en 1898 a de Ensino Superior. En 1901 obtivo praza mediante oposición na Escola Normal de Mestras de Guadalaxara. Ese ano morreu o seu fillo e decidiu abandonar un marido infiel e vividor para comezar unha nova vida independente coa súa filla.

A partir de 1902 colaborou co xornal El Globo, onde escribía unha columna titulada Notas femeninas na que analizaba asuntos como "A muller e o sufraxio" ou "A inspección das fábricas obreiras". En 1903, Augusto Suárez de Figueroa fundou o Diario Universal e contratouna para manter unha columna diaria titulada Lecturas para la mujer, baixo o pseudónimo de "Colombine", suxerido polo propio editor. Era a primeira vez en España que unha muller se recoñecía como xornalista profesional. Na súa columna, Carmen de Burgos trataba de modas e costumes pero introducía ideas que xa se estaban a popularizar noutros países europeos. Fixo campaña para a legalización do divorcio, o que lle valeu a admiración de Giner de los Ríos e Blasco Ibáñez, pero ataques por parte da Igrexa e dos sectores conservadores, que buscaron desacreditala. En 1905 conseguiu unha bolsa do Ministerio de Instrución Pública para estudar os sistemas de ensino doutros países, e viaxou durante case un ano por Francia, Italia e Mónaco.

Retrato de Carmen de Burgos de 1917 feito polo seu amigo Juio Romero de Torres.

A finais de 1906 retomou o seu labor docente e xornalístico e lanzou unha campaña no Heraldo de Madrid a favor do sufraxio feminino cunha columna titulada El voto de la mujer. Ao ano seguinte, coa chegada ao Goberno do conservador Antonio Maura, o ministro de Instrución Pública Rodríguez-San Pedro destinouna a Toledo para a afastar de Madrid, aínda que eguía volvendo a Madrid todas as fins de semana para animar o faladoiro literario que creara ao seu regreso de Francia: "La tertulia modernista". Aquela reunión semanal de escritores, xornalistas, músicos, artistas plásticos, poetas e artistas estranxeiros de paso por Madrid mantívose varios anos e estivo na orixe da Revista crítica. Alí coñeceu a Ramón Gómez de la Serna, daquela un descoñecido estudante de dezaoito anos, con quen mantivo unha intensa relación amorosa e literaria durante vinte anos.

Tras o desastre do Rif en 1909, Carmen de Burgos decidiu achegarse ás tropas españolas que loitaban arredor de Melilla. Alí exerceu de correspondente de guerra do diario El Heraldo de Málaga. Xa de volta a Madrid, publicou o artigo Guerra a la guerra!, no que defendía os pioneiros da obxección de conciencia.

Coa proclamación da Segunda República en 1931, a nova constitución recoñeceu o matrimonio civil, o divorcio e o voto feminino, colmando así as aspiracións de Carmen de Burgos. Afiliouse ao Partido Republicano Radical Socialista e foi nomeada presidenta da Cruzada de Mulleres Españolas e da Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Iberoamericanas. Foi tamén elixida vicepresidenta primeira da Esquerda Republicana Anticlerical, e en novembro de 1931 ingresou na Masonaría, onde fundou a loxia Amor, da que era Gran Mestre.

O 8 de outubro de 1932, mentres participaba nunha mesa redonda sobre educación sexual no Círculo Radical Socialista, Carmen de Burgos empezou a sentirse mal e foi trasladada ao seu domicilio, onde a atenderon tres médicos, entre os cales estaba o seu amigo Gregorio Marañón, pero sen éxito. Faleceu ás dúas da madrugada do día 9 e foi enterrada no cemiterio civil de Madrid en presenza dos principais políticos e intelectuais da época. Clara Campoamor, xunto con varios intelectuais, pediu que se lle dese o seu nome a unha rúa de Madrid. Tras a Guerra Civil e a vitoria do réxime franquista, o seu nome foi incluído na lista de autores prohibidos e os seus libros desapareceron das bibliotecas e as librarías.

Relacionouse, entre outros, con Galdós, Blasco Ibáñez, Juan Ramón Jiménez, Julio Romero de Torres, Sorolla, etc. Considérase unha das primeiras defensoras do papel social e cultural da muller. Defendeu así mesmo a liberdade e o goce de existir. Decididamente independente, creu nun mundo mellor e foi unha temperá feminista, aínda que ela odiaba ese termo. Na súa obra La mujer moderna y sus derechos (1927) definía a súa postura como un feminismo conciliador ao explicar: "Non é a loita de sexos, nin a inimizade co home, senón que a muller desexa colaborar con el e traballar a carón del".[4]

Desenvolveu unha estreita amizade coa escritora portuguesa Ana de Castro Osório.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Os colaboradores do xornal El Heraldo en 1906, entre os que está Carmen de Burgos.

Traballou en El Universal, El Globo, La Correspondencia de España, El Heraldo de Madrid e ABC, diario do que foi a primeira redactora. Cubriu diferentes episodios da Guerra de Melilla en 1909 e foi unha das primeiras mulleres correspondentes de guerra da historia de España. Ademais da súa intensa obra xornalística son salientables as súas conferencias no ámbito do movemento feminista; por exemplo: La misión social de la mujer (1911) e La mujer en España. Non foi moi ben considerada por un importante sector dos críticos e escritores contemporáneos, que en moitas ocasións colocaron o seu labor e a súa obra relegados e reducidos á condición de amante de Ramón Gómez da Serna.

Entre as súas novelas máis populares pódese citar Puñal de claveles, escrita ao final da súa vida e baseada no suceso coñecido como o "crime de Níjar", que tivo lugar en 1928 en Níjar e que foi unha das inspiracións con que contou Federico García Lorca para as súas Bodas de sangre.[6]

Ensaio e outros escritos[editar | editar a fonte]

  • Ensayos literarios, 1900.
  • Álbum artístico literario del siglo XX, 1901.
  • Notas del alma, 1901.
  • El divorcio en España, 1904.
  • La mujer en España, 1906.
  • Por Europa, 1906
  • La voz de los muertos, 1911
  • Leopardi, 1911
  • Misión social de la mujer, 1911
  • Cartas sin destinatario, 1912
  • Al balcón, 1913
  • Impresiones de Argentina, 1914
  • Confidencias de artistas, 1916
  • Peregrinaciones, 1917
  • Mis viajes por Europa, 1917
  • Fígaro, 1919
  • La Emperatriz Eugenia, 1920
  • Hablando con los descendientes, 1929
  • Gloriosa vida y desdichada muerte de D. Rafael del Riego, 1931.
  • ¿Quiere v. comer bien?, 1931
  • Amadís de Gaula, s.a.

Novela[editar | editar a fonte]

  • Los inadaptados, 1909
  • La rampa, 1917
  • El último contrabandista, 1918
  • Loss anticuarios, 1919
  • El retorno, 1922
  • La malcasada, 1923.
  • Los espirituados, 1923.
  • La mujer fantástica, 1924.[7]
  • El tío de todos, 1925.
  • Quiero vivir mi vida, 1931.
  • Los anticuarios.

Novela curta[editar | editar a fonte]

  • Ensayos literarios, 1900.
  • Alucinación, 1905.
  • El anhelo.
  • El avogado.
  • El artículo 438.
  • Cuentos: El tesoro del castillo.
  • Couetos de Colombine.
  • En la guerra.
  • Honor de familia.

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Historia de mi vida (muda, sorda y ciega), 1904
  • La guerra ruso-japonesa, 1904.
  • La inferioridad mental de la mujer, 1904.
  • Loca por razón de Estado, 1904.
  • Los Evangelios y la segunda generación cristiana, 1904
  • La Iglesia cristiana, 1905
  • Diez y seis años en Siberia, 1906.
  • En el mundo de las mujeres, 1906.
  • El rey sin corona, 1908.
  • La conquista de un Imperio, 1911.
  • Los misterios de la india, 1911.
  • La corona de olivo silvestre, 1911-1913.
  • Fisiología del placer, 1913.
  • Las mañanas en Florencia, 1913
  • Las piedras de Venecia, 1913.
  • Las siete lámparas de la arquitectura, 1913.
  • Los pintores modernos. El paisaje, 1913.
  • Cuentos a Maxa, 1914.
  • El reposo de San Marcos. Historia de Venecia, 1915.
  • La Biblia de Amiens, 1916.
  • La decisión, 1917.
  • Una idea de parisiense por página, 1917.
  • La perseverancia, 1919.
  • Defnis y Cloe, 1910.
  • Los últimos filibusteros, 1913.
  • La princesa muda, s.a.
  • El tío Geromo (Crainqueville).
  • Cuentistas italianos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carmen de Burgos. Biografía. En Instituto Cervantes. Bibliotecas y Documentación.
  2. Johnson, Roberta. "Carmen de Burgos and Spanish Modernism". En South Central Review. Volume 18. Número 1/2. Primavera-verán de 2001.
  3. Louis, Anja. Women and the Law: Carmen de Burgos, an Early Feminist. Tamesis. Woodbridge, 2005. ISBN 1 85566 121 7
  4. "Carmen de Burgos, la escritora y activista que Franco borró de la historia.". Yorokobu. 
  5. Ballesteros Garcúa, Rosa María (2003). "El krausismo y la educación femenina en España: Carmen de Burgos y Dolores Cebrián, maestras de la Normal de Toledo". En Docencia e Investigación. Revista de la Escuela Universitaria de Magisterio de Toledo. ISSN 1133-9926.
  6. Edición dixital de Puñal de claveles. Biblioteca Virtual de Andalucía.
  7. Texto de La mujer fantástica. Biblioteca Nacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]