Carlos Pérez Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1935 (89 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
1960 | Xogos Olímpicos de 1960 |
Carlos Pérez Alonso, nado en Vigo o 1 de xuño de 1935, é un ex-atleta galego.[1] Especializado en longas distancias, foi 15 veces campión de España e 12 de Galicia, e participou en tres Xogos Olímpicos: Roma 1960, México 1968 e Múnic 1972.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertenceu ao Club Alerta e á sección de atletismo do Real Club Celta,[3] e foi 12 veces campión galego en diferentes modalidades: cinco veces nos 10000 metros (1953, 1955, 1956, 1957 e 1965), catro veces nos 5000 metros (1955, 1956, 1957 e 1958), dúas veces nos 1500 metros (1956 e 1960) e unha vez nos 800 metros (1958).[4]
En 1958 proclamouse por primeira vez campión de España, na proba de 10000 metros, título que revalidou nos dous anos seguintes, e tamén en 1968.[5] En 1959 foi ademais campión de España de 5000 metros e de campo a través, revalidando este último título en 1960.[6][7] Nos Xogos Mediterráneos de 1959 celebrados en Beirut, conseguiu unha medalla de bronce nos 5000 metros e un cuarto posto nos 10000.[8] En setembro do ano seguinte participou nos seus primeiros Xogos Olímpicos, en Roma, disputando a proba de 10000 metros no Stadio Olimpico, e rematando na 25ª posición.[9] Un mes despois participou en Chile nos Xogos Iberoamericanos, logrando no Estadio Nacional a medalla de bronce nos 10000.[10]
En xuño de 1966 proclamouse en Sagunto campión de España de maratón, batendo ademais o récord de España cun tempo de 2h22'45''.[11] Isto permitiulle acudir ao Campionato de Europa celebrado en Budapest, onde volveu superar dita marca, quedando ás portas da medallas, na cuarta posición, só por detrás do británico Jim Hogan, o belga Aurèle Vandendriessche e o húngaro Gyula Tóth.[12] Ese mesmo ano mellorou de novo a súa marca, na maratón de Fukuoka, deixándoa en 2h17'32''. Proclamouse campión de España outras catro veces nos seguintes catro anos, mantendo o récord ata 1971, cando foi superado por Agustín Fernández. Con todo, volveu bater a marca en 1972 en Manchester, cun tempo de 2h16'27'', récord que estivo vixente ata 1974.[13]
En 1967, en Tunes, volveu lograr unha medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos, esta vez en maratón.[14] Ao ano seguinte disputou os seus segundos Xogos Olímpicos, por primeira vez na proba de maratón, pero non conseguiu chegar á meta situada no Estadio Olímpico de Cidade de México.[15] Participou nos Campionatos de Europa de 1969 e 1971, pero sen achegarse aos postos de medalla. En 1972 disputou os seus terceiros Xogos Olímpicos, en Berlín, onde quedou no posto 50º na proba de maratón.[16]
Foi ademais campión de España de Gran Fondo (30km) en tres ocasións (1966, 1968 e 1969) e ostenta dende 1969 os récords de España de 25000 metros e 30000 metros.[17]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos de España
[editar | editar a fonte]Títulos | Proba | Anos |
---|---|---|
5 | Maratón | 1966, 1967, 1968, 1969, 1970 |
4 | 10000 m | 1958, 1959, 1960, 1968 |
3 | 30000 m | 1966, 1968, 1969 |
2 | Campo a través | 1959,1960 |
1 | 5000 m | 1959 |
Campionatos de Galicia
[editar | editar a fonte]Títulos | Proba | Anos |
---|---|---|
5 | 10000 m | 1953, 1955, 1956, 1957, 1965 |
4 | 5000 m | 1955, 1956, 1957, 1958 |
2 | 1500 m | 1956, 1960 |
1 | 800 m | 1958 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Federación Galega de Atletismo". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 09 de marzo de 2016.
- ↑ "Comité Olímpico Español". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 09 de marzo de 2016.
- ↑ "Club Celta Atletismo". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 09 de marzo de 2016.
- ↑ "Campións galegos de atletismo ao aire libre" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Campións de España de 10.000 metros" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Campionatos de España ao aire libre" (PDF). Real Federación Española de Atletismo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Campións de España de campo a través". Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Resultados dos Xogos Mediterráneos de 1959" (PDF). cijm.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Athletics at the 1960 Roma Summer Games: Men's 10,000 metres" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Medallistas nos Xogos Iberoamericanos de 1960 e 1962". gbrathletics.com (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Carlos Pérez, campeón nacional de maratón". La Noche (en castelán) (13907). 6 de xuño de 1966. p. 6. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Campionato Europeo de Atletismo 1966 (Maratón)". todor66.com (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ Rey, Julio (24 de abril de 2006). "Así es el nuevo plusmarquista de maratón" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Resultados dos Xogos Mediterráneos de 1967" (PDF). cijm.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Maratón nos Xogos Olímpicos de 1968". olympedia.org (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Maratón nos Xogos Olímpicos de 1972". olympedia.org (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Rércords de España de Atletismo". Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 21 de xullo de 2021 en Wayback Machine. no sitio web oficial da Real Federación Española de Atletismo (en castelán).