Carlo Levi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de novembro de 1902 Turín |
| Morte | 4 de xaneiro de 1975 Roma |
| Causa da morte | pneumonía |
| Lugar de sepultura | Aliano (pt) |
| 16 de maio de 1963 – 4 de xuño de 1968 Lexislatura: 4th Legislature of Italy (en) | |
| 1963 – 1972 Lexislatura: 3ª lexislatura de Italia | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Turín |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura e literatura |
| Lugar de traballo | Roma Francia |
| Ocupación | médico escritor, xornalista, médico, escritor, guionista, pintor, político, artista gráfico |
| Período de actividade | 1923 |
| Partido político | Partido Comunista Italiano |
| Membro de | |
| Movemento | Arte contemporánea |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Леви Карло) |
Carlo Levi, nado en Turín o 29 de novembro de 1902 e finado en Roma o 4 de xaneiro de 1975, foi un pintor, escritor e antifascista xudeu-italiano, un dos fundadores do grupo "Guistizia e Libertà" e autor, entre outras obras, de Cristo parou en Ebolí.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a primeira parte da súa vida en Turín. En 1924 graduouse en medicina con boas notas e obtivo un posto como pintor na Bienal de Venecia. Pronunciouse contra o réxime fascista de Mussolini e foi por iso ó cárcere varias veces. No 1935 foi confinado nunha aldea de Lucania. No 1939 exiliouse á Bretaña, regresando a Italia por mor da ocupación de Francia polos nazis. En 1943 volveu á cadea en Italia e participou activamente na resistencia, formando parte do "Comité de Liberación de Toscana". A súa obra máis coñecida, Cristo parou en Éboli, publicouse en plena posguerra, acadando un clamoroso éxito. No momento da súa morte en 1974 era senador da República Italiana.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- Cristo parou en Éboli (Cristo si è fermato a Eboli, Einaudi, Turín, 1945); traducido ao galego por Silvia Gaspar e publicado en 1990 por Edicións Xerais na colección Grandes do noso tempo.
- Paura della libertà,Turín, 1946;
- L'orologio,Turín, 1950;
- Le parole sono pietre,Turín, 1955;
- II futuro ha un cuore antico,Turín, 1956;
- La doppia notte dei tigli, Turín, 1959;
- Un volto che ci somiglia, Turín 1960;
- Tutto il miele è finito,Turín, 1964;
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Levi, Carlo (1990), Cristo parou en Éboli, Edicións Xerais de Galicia, na noticia do autor.