Reno
| Reno | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rangifer tarandus Carl von Linné 1758 | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Subclase de
| |||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||
|
Nome curto
| |||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||
|
Subdivisións
| |||||||||
|
Sinonimia
Caribú en Norte América | |||||||||
| Características | |||||||||
|
Duración máxima de vida
| |||||||||
|
Período de xestación
| |||||||||
|
Fonte de
| |||||||||
| Conservación | |||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||
| Distribución | |||||||||
|
Hábitat
| |||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||
| Clase | Mammalia | ||||||||
| Orde | Artiodactyla | ||||||||
| Familia | Cervidae | ||||||||
| Subfamilia | Capreolinae | ||||||||
| Xénero | Rangifer | ||||||||
| Especie | R. tarandus | ||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
O reno[1] (Rangifer tarandus), tamén chamado caribú (Rangifer tarandus ssp. caribou) en América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito en Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.
O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos, de ata 300 kg, bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son liques e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais só no maxilar inferior.
É de grande importancia na economía das poboacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes de Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.
Na cultura popular, a zorra do Papá Noel é tirada por renos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reno.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
