Especie vulnerable
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Unha especie considérase vulnerable (abreviado oficialmente como VU) cando, tras ser avaliada pola UICN, é clasificada nesta categoría da Lista Vermella tras determinarse que presenta unha alta probabilidade de converterse en "especie en perigo de extinción"[1]
Entre os criterios polos cales un taxón pode integrar esta categoría atópase unha importante redución na poboación ou unha fragmentación ou diminución na distribución natural da especie.
A categoría inclúe tamén algunhas especies que en anteriores revisións da Lista Vermella integraban a categoría dependente de conservación. Na versión 2008 da lista, inclúense 4.309 taxóns de animais[2] e 4.602 de plantas[3] na categoría Vulnerable.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ UICN 2001. Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. UICN, Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido. ii + 33 pp. Dispoñible na páxina oficial da UICN.
- ↑ UICN. 2008 Red List, Table 3a: Status category summary by major taxonomic group (animals) (PDF) (en inglés).
- ↑ UICN. 2008 Red List, Table 3b: Status category summary by major taxonomic group (plants) (PDF) (en inglés).