Adoxaceae
Adoxáceas (Adoxaceae) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adoxa moschatellina, vista xeral. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
As adoxáceas (Adoxaceae) son unha familia de anxiospermas pertencente á orde das dipsacales. Comporta cinco xéneros aceptados cunhas 200 especies.[1] A esta familia pertencen arboriñas galegas coma o lourentino ou o sabugueiro.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son arbustos ou, con menor frecuencia, herbas perennes o pequenas árbores. As follas son opostas, simples ou compostas (ternadas, biternadas, ternado-pinnadas, biternado-pinnadas ou imparipinadas. As flores son solitarias ou organizadas en panículas terminais ou umbeladas, espigas ou cimas. Ditas flores son hermafroditas, con cáliz e corola algo connados, tri a pentameras. Os estames, extrorses, en número de 5 en Sambucus e Viburnum, 3-5 en Adoxa e Sinadoxa están insertados no tubo da corola e acompañados de 3-5 estaminodios en espiral interior. O ovario é semi-ínfero a ínfero, con 1-5-loculos, 3-5 estilos connados ou libres. Os froitos son drupas cunha única semente de abundante endospermo ruminado.[1][2]
En anteriores clasificacións, a familia estaba composta dunha soa especie Adoxa moschatellina (moscatelina). Os xéneros Sambucus (sabugueiros) e Viburnum (viburnos e lourentinos) estaban previamente incluídos na familia das madreselvas ou chuchameles Caprifoliaceae, mais probas xenéticas segundo a Clasificación filoxenética APG amosaron que nesta familia eran máis axeitados.[1]
A moscatelina é unha planta herbácea pequena, florea a principios de primavera e murcha até o nivel do chan no verán inmediatamente despois de que as bagas madurecen; as follas son compostas.
Os sabugueiros son na súa maioría arbustos, mais dúas especies son plantas arbóreas; todas teñen follas compostas.
Os viburnos e lourentinos son todos arbustos, con follas simples.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita por Ernst Heinrich Friedrich Meyer e publicada en Preussens Pflanzengattungen 198. 1839.[3] O xénero tipo é: Adoxa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Adoxaceae en APG Web (require busca interna)
- ↑ Adoxaceae en Flora of China
- ↑ "Adoxaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 27 de xuño de 2013.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Adoxaceae |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adoxaceae |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.