Dipsacales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dipsacales
Dipsacus pilosus
Dipsacus pilosus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Angiospermae
Subdivisión: Eudicotyledoneae
Clase: Rosopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Dipsacales
Dumortier
Familias

sensu APG III

Sinonimia
  • Adoxales
  • Caprifoliales
  • Lonicerales
  • Viburnales

sensu plantbio.cornell.edu

Dipsacales é o nome dun taxon de plantas ubicado na categoría taxonómica de orde, que segundo o Código Internacional de Nomenclatura Botánica debe estar circunscrito obrigadamente polo menos pola familia Dipsacaceae. Este taxon é utilizado por sistemas de clasificación modernos como o sistema de clasificación APG II[1] ou o APG III. Nestes sistemas de clasificación a orde está incluída na subclase Asteridae, clase Rosopsida, das dicotiledóneas. Na antiga clasificación de Arthur Cronquist (1981), Morinaceae estaba incluída dentro de Dipsacaceae, e Linnaeaceae e Diervillaceae dentro de Caprifoliaceae, como tamén dous xéneros agora transferidos a Adoxaceae.

Unhas poucas outras familias poderían atoparse incluídas pola súa proximidade a esta orde. Isto inclúe a Desfontainiaceae, Polyosmotaceae, Paracryphiaceae, e Sphenostemonaceae.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dipsacales Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dipsacales