Camposanto de Montjuïc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°21′02″N 02°09′16″L / 41.35056, -2.15444

Camposanto de Montjuïc
Vista desde o cimo

O camposanto de Montjuïc (Cementiri de Montjuïc en catalán) é o maior do termo municipal de Barcelona, e ocupa a práctica totalidade da ladeira sur da montaña de Montjuïc.

O camposanto foi inaugurado en marzo de 1883. Esta obra foi posible debido á expansión demográfica unida á forza económica da burguesía barcelonesa. Este grande espazo viu suplir o problema que se suscitaba na cidade coa falta do mesmo nos pequenos camposantos de barrio repartidos pola cidade, que por unha parte xa non podían crecer debido á presión urbanística dos seus arredores, e que ademais agotaran xa a súa capacidade de inhumación. Camposantos históricos como os de Poblenou, Horta, Sant Gervasi, Les Corts, Sant Andreu, foran quedándose pequenos para a cidade, e Montjuïc era a solución momentánea a este problema. Posteriormente pasaría o mesmo co novo camposanto, pois a cidade seguía crecendo demograficamente e o espazo libre íase acabando. Houbo que abrir un novo camposanto fóra do termo municipal de Barcelona, que tivese un uso como camposanto metropolitano. Así naceu o Camposanto de Collserola, no termo de Cerdanyola del Vallès.

Hai unha placa conmemorativa facendo referencia ó día 17 de marzo de 1883, cando foi bendicido o recinto católico. Do deseño do camposanto encargouse o arquitecto municipal Leandre Albareda. O eclecticismo é o trazo arquitectónico máis característico neste camposanto: un eclecticismo mimético, por unha parte, combinado co carácter innovador que dará paso ó modernismo.

Personaxes ilustres[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camposanto de Montjuïc