Forma canónica de Jordan
| Forma canónica de Jordan | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||

A forma canónica de Jordan ou forma normal de Jordan[1] é un concepto matemático empregado en álxebra lineal. Debe o seu nome ó matemático francés Camille Jordan, que a descubriu en 1871 para solucionar sistemas de ecuacións diferenciais complexas para matrices complexas. En concreto, é a representación dun endomorfismo cunha matriz de Jordan, que é unha forma especial de matriz triangular superior, en certa base axeitada, denominada como base de Jordan.
O problema de atopar a forma canónica de Jordan dun endomorfismo consiste en calcular a matriz de Jordan que o representa e cal é a base na que o endomorfismo colle esta forma.[2]
A aparencia dunha matriz (ou dun endomorfismo, ou dun operador lineal) en forma canónica de Jordan é o dunha matriz con case todas as entradas nulas(véxase a imaxe do comezo). Trátase dunha matriz diagonal por bloques, onde cada un deles é triangular superior. Levado da diagonal principal e dos elementos inmediatamente por enriba[3] (ou por baixo)[4][5] desta diagonal, que son 1 ou 0.
Introdución
[editar | editar a fonte]Adóitase introducir a forma canónica de Jordan presentando os autovalores propios xeneralizados. Sexan un espazo vectorial de dimensión e unha matriz cadrada de orde sobre un corpo , dicimos que é un valor propio xeneralizado de , con vector propio xeralizado asociado, en caso de que exista algún para o cal se verifique . Un ciclo de Jordan é a sucesión de vectores non nulos resultante de definir iteradamente:
Dicimos en tal caso que é o xerador do ciclo, e que é un autovalor de orde .
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Os vectores dun ciclo de Jordan son linearmente independentes.[6]
Demostración: Procederemos por indución sobre a lonxitude do ciclo, . Para o enunciado resulta inmediato. Supoñámolo certo para e probémolo para . Sexan , entón temos que se , satisfaise: . Aplicando a hipótese de indución sobre os vectores linealmente independentes resultantes, deducimos . Por ende, temos que , do cal se segue necesariamente que (isto é debido a que podemos supoñer, sen perda de xeralidade, que é o menor valor para o cal se satisfai , ), e polo tanto os vectores do ciclo de Jordan son linealmente independentes.
- O subespazo é invariante baixo .[7]
Demostración: Comezamos apreciando que . Así resulta inmediato verificar: , independentemente do e escollidos.
É un corolario directo da primeira proposición ver que a restrición do endomorfismo (asociado á matriz ) ao subespazo , colle a seguinte forma:
Diremos en tal caso que é un bloque de Jordan na base .Isto é debido a que podemos asegurar que o ciclo de Jordan é unha base do subespazo devandito.
Deste xeito, o problema inicial de atopar unha base de Jordan para redúcese a unir unha cantidade de ciclos de Jordan, para que sexa unha matriz diagonal por bloques:
Unha condición necesaria e suficiente para que un endomorfismo admita forma canónica de Jordan é que o seu polinomio característico descompoña completamente, é dicir, se , entón ten raíces sobre o corpo . Véxase que isto non é necesariamente certo se o corpo non é alxébricamente pechado. Por exemplo, se , entón , que non ten raíces reais e polo tanto non admite forma canónica de Jordan sobre , pero si sobre . Resulta directo poder afirmar que toda matriz con coeficientes reais ou complexos admite unha base de Jordan sobre , dado que . Así, nun espazo vectorial complexo de dimensión finita, calquera endomorfismo ten unha forma canónica de Jordan.[2] En troques, nun espazo vectorial real, non todos os endomorfismos teñen unha forma canónica de Jordan real.[2]
Por outra banda, se e son dúas matrices cuxos polinomios característicos descompoñen completamente, estas representan o mesmo endomorfismo se e só se as súas formas de Jordan son a mesma(salvo reordeación de bloques).
Demostración: supoñamos que e son conxugadas, ; entón temos que , onde , e por ende os ciclos de Jordan son os mesmos para ambas matrices(ir á sección _____________). Por outra banda, se existen non singulares tales que , conclúese .
Cálculo de bases de Jordan
[editar | editar a fonte]Nesta sección traballaremos cunha matriz cadrada , cuxo endomorfismo asociado é .
Sobre os reais
[editar | editar a fonte]Imos supoñer que e descompón completamente sobre . En tal caso:
- Comezamos calculando as raíces de . Debido á propiedade 2, podemos estudar cada espazo propio por separado. Por simplicidade, traballaremos de agora en diante con
- A continuación, obtemos o polinomio mínimo de A. Se ten multiplicidade , entón calculamos os subespazos .
- Obtemos unha base de para posteriormente calcular: .
- O conxunto de vectores é linealmente independente en . Polo teorema de Steinitz, podemos ampliar (véxase que se , entón saltamos directamente ao paso número 5) o conxunto devandito até unha base do espazo cociente.
- Unha vez obtidos os vectores , aplicamos de novo o pasos 3 e 4 para o conxunto que acabamos de atopar, obtendo así bases sucesivas de e .
Este proceso pode ser representado sinxelamente cun diagrama de bloques:
________________________________ ________________________________ _______Meter tipo Rivero________ ________________________________ ________________________________
Así, temos que son ciclos de Jordan. Debido á proposición ___________, podemos garantir que a unión das bases non dará lugar á perda da independencia linear, e temos tantos vectores como a dimensión do espazo vectorial . Por ende, temos que é unha base de na que o endomorfismo toma a forma canónica de Jordan na base .
Exemplo
[editar | editar a fonte]Consideremos a matriz . Esta satisfai e . Tal e como indica o paso 2, temos que calcular e :
Como sabemos que e , entón temos que . Estamos en disposición de obter os ciclos de Jordan:
- Como , entón e
Por último, queda atopar tal que sexa linearmente independente. Collendo , temos que: é unha base de Jordan. Logo:
Cabe apreciar que, atendendo á orde da base, os bloques aparecerán permutados; porén, sempre hai que manter xuntos os vectores de cada ciclo, pois do contrario obteríamos unha matriz triangular superior salvo permutación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Shilov 1977) define o concepto forma canónica de Jordan e nun pé de páxina di que forma normal de Jordan é sinónimo. Ámbalas dúas terminoloxías acúrtanse por veces como forma de Jordan. O nome forma canónica clásica tamén se emprega neste senso. (James & James 1992)
- 1 2 3 Rojo, Jesús (1986). Álgebra lineal (2a ed.). Madrid: AC. pp. 277–308. ISBN 84-7288-120-2.
- ↑ Lipschutz 1992, p. 442.
- ↑ Paige, Dean Swift & Slobko 1982, p. 335.
- ↑ Castellet & Llerena 1988, p. 158.
- ↑ Rivero Salgado, Óscar (2025). Álxebra lineal e multilineal. Edicións USC. ISBN 978-84-10142-61-9.
- ↑ Rivero Salgado, Óscar (2025). Álxebra lineal e multilineal. Edicións USC. ISBN 978-84-10142-61-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castellet, Manuel; Llerena, Irene (1988). Àlgebra lineal i geometria. Bellaterra: Servizo de Publicacións da Universidade Autónoma de Barcelona. ISBN 84-7488-218-4.
- Lipschutz, Seymour (1992). Álgebra lineal (en castelán) (2a. ed. ed.). Madrid: McGraw-Hill. ISBN 84-7615-758-4.
- Paige, Lowel J.; Dean Swift, J.; Slobko, Thomas A. (1982). Elementos de álgebra lineal (en castelán) (2a. ed. ed.). Barcelona: Reverté. ISBN 84-291-5097-8.
- Shilov, Georgi E. (1977). Linear algebra (en inglés) (edición revisada ed.). Nova York: Dover. ISBN 978-0486635187.