Ulugh Beg
Nome orixinal | (fa) الغبیگ (ar) ميرزا محمد طارق بن شاه رخ وش |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fa) میرزا محمد طارق بن شاه رخ 22 de marzo de 1394 Soltaniyeh, Irán (pt) |
Morte | 27 de outubro de 1449 (55 anos) Samarcanda, Uzbekistán |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Gur-e Amir 39°38′54″N 66°58′08″L / 39.6483, 66.9689 |
Monarca Dinastia Timúrida (pt) | |
1447 – 1449 (morte) ← Sha Ruj Mirza – Abdal-Latif Mirza (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo, calígrafo, matemático, astrólogo |
Profesores | Qāḍī Zāda al-Rūmī (pt) |
Alumnos | Ali Qushji (pt) |
Outro | |
Título | Bey |
Familia | Dinastia Timúrida (pt) |
Fillos | Abd al-Aziz ibn Ulugh Beg, Rabiya Sultan Begim, Abdal-Latif Mirza |
Pais | Sha Ruj Mirza e Goharshad |
Irmáns | Ibrahim ibn Shahrukh Baysonqor Muhammad Juki Soyurghatmish ibn Shahrukh Soyurghatmish ibn Shahrukh |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Улугбек Мухаммед Тарагай) Enciclopedia soviética armenia Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Mīrzā Muhammad Tāraghay bin Shāhrukh (en chagatay میرزا محمد طارق بن شاہ رخ, en persa: میرزا محمد تراغای بن شاہ رخ), máis coñecido como Ulugh Beg (الغ بیگ), nado en Soltaniyeh o 22 de marzo de 1394 e finado en Samarcanda o 27 de outubro de 1449 foi un sultán timúrida, ademais de astrónomo e matemático.
Ulugh Beg destacou polo seu traballo nas matemáticas relacionadas coa astronomía, como a trigonometría e a xeometría esférica, ademais de polos seus intereses xerais nas artes e en actividades intelectuais.[1][2] Crese que falaba cinco linguas: árabe, persa, túrquico, mongol e algo de mandarín.[3] Durante o seu goberno o imperio timúrida acadou o seu cumio cultural grazas á súa atención e padroado. Samarcanda, que foi capturada e entregada a Ulugh Beg polo seu pai Shah Rukh, converteuse no centro da cultura musulmá.[2]
Construíu o gran observatorio de Ulugh Beg en Samarcanda entre 1424 e 1429. Foi considerado polos estudos como un dos mellores observatorios do mundo islámico do seu tempo e o maior de Asia central.[4] Ulugh Beg foi considerado como o astrónomo observacional máis importante do século XV por moitos estudosos.[5] Tamén construíu a madrasa de Ulugh Beg (1417–1420) en Samarcanda e Bukhara, transformando as cidades en centros de aprendizaxe da rexión.[6]
Non obstante, a pericia científica de Ulugh Beg non estivo ligada coas súas habilidades no goberno. Durante o seu curto reinado fracasou no intento de establecer o seu poder e autoridades. Como resultado, outros líderes, incluídos da súa familia, tomaron vantaxe da súa falta de control e finalmente foi derrocado e asasinado.[7]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi neto do conquistador Tīmūr (Tamerlán) (1336-1405) e o máis vello dos fillos de Shahruj Mirza, que formaron parte das tribos mongois de Transoxiana (entón Persia, agora Uzbekistán). A súa nai foi a princesa persa Goharshad.
Sendo neno puido ter moito contacto coas culturas de Oriente Medio e a India, sobre todo debido ás expansións territoriais do seu avó naqueles países. Á morte de Tamerlán e á ascensión do seu pai ao poder, instalouse na cidade de Samarcanda en que estableceu a capital, aínda que despois Shahruj trasladou a capital a Herat. Aos dezaseis anos de idade Ulugh Beg obtivo o cargo de gobernador de Samarcanda, cidade en que viviu ata a súa morte.
Cando descubriu a morte do seu pai, Ulugh Beg foi a Balkh, onde se atopou con que o seu sobriño Ala-ud-Daulah Mirza bin Baysonqor, fillo do seu irmán Baysonqor, reclamara o emirato do imperio timúrida en Herat. En consecuencia Ulugh Beg marchou contra Ala-ud-Daulah e enfrontouse con el na batalla de Murghab. Logo de gañar esa batalla, Ulugh avanzou cara a Herat e masacrou os seus habitantes en 1448, mais o irmán de Ala-ud-Daulah Mirza Abul-Qasim bin Babur Baysonqor acudiu na súa axuda, derrotándoo. Despois retirouse a Balkh, onde o seu gobernador, o seu fillo máis vello Abd ul-Latif, se rebelara contra el. Estalou outra guerra civil e dous anos máis tarde foi decapitado por orde do seu fillo cando se dirixía á Meca.
Co tempo, a súa reputación foi rehabilitada polo seu sobriño, Abdallah Mirza (1450-1451), que trasladou os restos de Ulugh Beg a Gur-e Amir, mausoleo dos timúridas en Samarcanda, onde foron atopados por arqueólogos soviéticos en 1941.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]Ulugh Beg tivo trece esposas:
- Aka Begi Begum, filla de Muhammad Sultan Mirza bin Jahangir Mirza e Khan Sultan Khanika, nai de Habiba Sultan coñecida como Khanzada Begum e outra Khanzada Begum;
- Sultan Badi al-mulk Begum, filla de Khalil Sultan bin Miran Shah e Shad Malik Agha;
- Aqi Sultan Khanika, filla de Sultan Mahmud Khan Ogeday;
- Husn Nigar Khanika, filla de Shams-i-Jahan Khan Chaghatay;
- Shukur Bi Khanika, filla de Darwish Khan Jochi;
- Rukaiya Sultan Agha, dama de Arlat, e nai de Abdal-Latif Mirza, Ak Bash Begum e Sultan Bakht Begum;
- Mihr Sultan Agha, filla de Tukal bin Sarbuka;
- Sa'adat Bakht Agha, filla de Bayan Kukaltash, nai de Qutlugh Turkhan Agha;
- Daulat Sultan Agha, filla de Khawand Sa'id;
- Bakhti Bi Agha, filla de Aka Sufi Uzbek;
- Daulat Bakht Agha, filla de Sheikh Muhammad Barlas;
- Sultanim Agha, nai de Abdul Hamid Mirza e Abdul Jabrar Mirza;
- Sultan Malik Agha, filla de Nasir-al-Din, nai de Ubaydullah Mirza, Abdullah Mirza e outro Abdullah Mirza;
Legado
[editar | editar a fonte]- O cráter lunar Ulugh Beigh foi bautizado na súa honra polo astrónomo alemán Johann Heinrich von Mädler no seu mapa da Lúa de 1830.
- 2439 Ulugbek é un asteroide descuberto o 21 de agosto de 1977 por N. Chernykh en Nauchnyj, e que recibiu o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Science in Islamic civilisation: proceedings of the international symposia: "Science institutions in Islamic civilisation", & "Science and technology in the Turkish and Islamic world"[1]
- ↑ 2,0 2,1 "Ulugh Beg". OU Libraries. Britannica Academic. Falta a
|url=
(Axuda) - ↑ "Samarkand: Ulugh Beg's Observatory". Depts.washington.edu.
- ↑ Science in Islamic civilisation: proceedings of the international symposia: "Science institutions in Islamic civilisation", & "Science and technology in the Turkish and Islamic world"[2]
- ↑ "The Legacy of Ulugh Beg | Central Asian Monuments | Editado por H. B. Paksoy | CARRIE Books". Vlib.iue.it. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2019. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ The global built environment as a representation of realities: By author:A.J.J. Mekking [3]
- ↑ "Ulugh Beg". The University of Oklahoma Libraries. Britannica Academic. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 08 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ulugh Beg |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 1839. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Tables astronomiques d’Oloug Beg, commentees et publiees avec le texte en regard, Tomo I, 1 fascículo, París.
- 1847. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Prolegomenes des Tables astronomiques d’Oloug Beg, publiees avec Notes et Variantes, et precedes d’une Introduction. París: F. Didot.
- 1853. L. P. E. A. Sedillot (1808–1875). Prolegomenes des Tables astronomiques d’Oloug Beg, traduction et commentaire. París.
- Le Prince Savant annexe les étoiles, Frédérique Beaupertuis-Bressand, in Samarcande 1400–1500, La cité-oasis de Tamerlan : coeur d'un Empire et d'une Renaissance, book directed by Vincent Fourniau, éditions Autrement, 1995, ISSN 1157-4488.
- L'âge d'or de l'astronomie ottomane, Antoine Gautier, in L'Astronomie, (Monthly magazine created by Camille Flammarion in 1882), decembro 2005, volume 119.
- L'observatoire du prince Ulugh Beg, Antoine Gautier, in L'Astronomie, (Monthly magazine created by Camille Flammarion in 1882), October 2008, volume 122.
- Le recueil de calendriers du prince timouride Ulug Beg (1394–1449), Antoine Gautier, in Le Bulletin, n° spécial Les calendriers, Institut National des Langues et Civilisations Orientales, juin 2007, pp. 117–123. d
- Jean-Marie Thiébaud, Personnages marquants d'Asie centrale, du Turkestan et de l'Ouzbékistan, París, éditions L'Harmattan, 2004. ISBN 2-7475-7017-7.