Saltar ao contido

Khanato de Bukhara

Khanato de Bukhara
 Nome orixinal
    خانات بخارا (fa) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Lingua oficial
 Forma de goberno
 Relixión oficial
Datas
 Fundación / creación
1500 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1785 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Imperio Timúrida (1370 - 1507)
Uzbek Khanate (en) Traducir (1428 - 1471) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Emirato de Bukhara (1785 - 1920)
Canato de Cocande (pt) Traducir (1709 - 1876)
Imperio Durrani (1747 - 1826) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF140802579 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08gynr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O Khanato de Bukhara (en Persa خانات بخارا; en uzbeko: Buxoro Xonlig) foi un estado uzbeko[1] de Asia Central que existiu dende comezos do século XVI ata finais do século XVIII. A cidade de Bukhara converteuse na capital durante o reinado do khan Ubaydallah (1533–1540), e o seu máximo apoxeo foi durante o reinado do khan Abdullah II.

Nas fontes da segunda metade do século XVII, emprégase a expresión "92 tribos uzbekas" en relación a parte da poboación do territorio do khanato de Bukhara.[2]

Dinastía Shaybánida

[editar | editar a fonte]

A dinastía Shaybánida gobernou o khanatao durante os primeiros 98 anos do estado, dende a súa fundación no ano 1500 ata case finais do sécuo XVI, no ano 1598. Durante esa época a capital Bukhara converteuse nun centro cultural das artes, da caligrafía e mesmo da educación.

Á parte da publicación de bastantes libros, moitos deles sobre historia, instituíuse unha rede de escolas onde os fillos das familias das clases superiores enviaban os seus fillos para recibiren unha educación elemental, que comezaba aos seis anos de idade. Dous anos despois, considerábase que estaban preparados para ingresar na madrasa, cun plan educativo que constaba de tres ciclos de sete anos de duración cada un, co que a duración completa dos estudos era de vinte un anos. Os alumnos estudaban teoloxía, aritmética, leis, lóxica, música e poesía. Este sistema educativo exerceu unha influencia positiva no desenvolvemento das linguas persa e uzbeka, así como por outra banda, na evolución da literatura, as ciencias, as artes e as técnicas aplicadas.

Dinastía Janid

[editar | editar a fonte]

A dinastía Janid (descendentes dos astrakhánidas) gobernaron o khanato entre 1599 e 1747. Yar Muhammad e a súa familia fuxiran despois de que Astrakhan caese en mans de Rusia. Tivo un fillo chamado Jani Muhammad que tivo dous fillos chamados Baqi Muhammad e Vali Muhammad coa súa esposa, filla do último gobernante shaybánida. Os Janid eran descendentes de Xenxis Khan.

En 1740 o khanato foi conquistado por Nadir Shah, xa de Irán. Trala súa morte en 1747, o khanato foi conquistado polos descendentes do emir uzbeko Khudayar Bi, mediante a posición ministerial de ataliq. En 1785, o seu descendente, Shah Murad, formalizou o goberno da dinastía da familia (Manghit) e o khanato converteuse no emirato de Bukhara.[3] Os Manghits non eran descendentes de Xenxis Khan e tomaron o título islámico de emir en lugar de khan xa que a súa lexitimidade non se baseaba nesa descendencia.

  1. Peter B.Golden (2011) Central Asia in World History, p.115
  2. Malikov A. “92 Uzbek tribes” in official discources and the oral traditions from the sixteenth to nineteenth centuries in Golden Horde Review. 2020, volume 8 issue 3, p.520
  3. Soucek, Svat. A History of Inner Asia (2000), p. 180.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]