Saltar ao contido

Branquiópodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Branchiopoda»)
Branquiópodos
 Nome taxon
    Branchiopoda
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Taxon homónimo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
SubreinoBilateria
FiloArthropoda
ClaseBranchiopoda Editar o valor en Wikidata
Latreille, 1817 Branchiopoda Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/015mv Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776987104 Editar o valor en Wikidata
ITIS83687 Editar o valor en Wikidata
OTT632175 Editar o valor en Wikidata
CoL8H Editar o valor en Wikidata
EOL265 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dos branquiópodos[1] (Branchiopoda) é unha clase de crustáceos. Entre eles están as artemias, os tríops, os antes chamados concostráceos, as pulgas de auga[2] e o grupo do Devoniano dos Lepidocaris. Son principalmente animais pequenos, a maioría de auga doce, que se alimentan de plancto e detritos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os branquiópodos teñen a característica común de presentar branquias en moitos dos apéndices do animal, incluíndo algunhas das pezas bucais. Disto procede o nome do grupo[3] (branquiópodos=branquias nas patas).[4] Xeralmente posúen ollos compostos e un cacho, que pode ser unha cuncha de dúas valvas que encerran o tronco (como en moitos cladóceros), ou ser ancho e pouco profundo (como nos notostráceos), ou enteiramente ausente (como nos anostráceos).[5] Nos grupos nos que o cacho impide o uso das patas do tronco para nadar (os cladóceros e concostráceos e os extintos lipostráceos), usan as antenas para a locomoción, como na larva nauplius.[5] Os machos dos anostráceos teñen un par de antenas agrandadas co cal agarran as femias durante o apareamento, mentres que nos notostráceos, que se alimentan no fondo, as antenas están reducidas a un tamaño vestixial.[5] As patas do tronco baten cun ritmo metacrónico, causando un fluxo de auga ao longo da liña media do animal, do cal extraen oxíxeno, obeñen comida e, no caso dos Anostraca e Notostraca, serven para o movemento.[5]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Os únicos branquiópodos mariños son os cladóceros; todos os demais grupos son de augas continentais doces, incluíndo pozas temporais e lagos salgados.[6] A maioría dos branquiópodos comen detritos flotantes ou plancto, que capturan usando as sedas dos seus apéndices.[5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Nos tratamentos taxonómicos iniciais, os membros actuais dos Branchiopoda situábanse todos nun só xénero, Monoculus. O taxon Branchiopoda foi creado por Pierre André Latreille en 1817, inicialmente coa categoría taxonómica de orde.[7]

Anostraca

[editar | editar a fonte]
Artemia salina (Anostraca: Artemiidae)

Os Anostraca miden xeralmente de 6 a 25 mm de longo (excepcionalmente ata 170 mm.[8] A maioría das especies teñen 20 segmentos corporais, que levan 11 pares de filopodos con forma de folla (patas nadadoras), e o corpo carece de cacho.[9] Viven en pozas temporais ou vernais e lagos hipersalinos de todo o mundo, incluíndo pozas que se forman nos desertos, en lagos de montaña cubertos de xeo e na Antártida. Nadan "cabeza abaixo" e aliméntanse por filtración de partículas orgánicas da auga ou raspando algas pegadas a superficies.[8] Son un importante alimento para moitas aves e peixes, e son cultivados e colleitados para usalos como comida para peixes.[10] Hai 300 especies distribuídas en 8 familias.[11] Un exemplo son as artemias.

Lipostraca

[editar | editar a fonte]

Os Lipostraca conteñen unha soa especie, Lepidocaris rhyniensis, fósil,[12] que é o animal máis abundante nos depósitos de chert de Rhynie, Escocia.[13] Lembran os modernos Anostraca, cos cales están probablemente moi relacionados, aínda que as súas relacións con outras ordes non están claras.[14] O corpo ten unha lonxitude de 3 mm, con 23 segmentos corporais e 19 pares de apéndices, pero sen cacho.[15] Os fósiles aparecen principalmente entre carófitas, probablemente no que eran pozas temporais alcalinas.[16]

Notostraca

[editar | editar a fonte]

A orde Notostraca comprende a única familia dos Triopsidae.[17] Os dous xéneros da familia, Triops e Lepidurus, están considerados fósiles viventes, e non cambiaron significativamente desde o Triásico.[11] Teñen un cacho plano e ancho, que oculta a cabeza e leva un par de ollos compostos.[8] O abdome é longo, parece estar segmentado e leva numerosos pares de patas aplanadas.[8] O telson está flanqueado por un par de ramas (rami) caudais delgadas e longas.[5] A plasticidade fenotípica dentro do taxon fai que sexa difícil a identificación a nivel de especie, e ademais presenta variacións no modo de reprodución.[11] Os notostráceos son os branquiópodos de maior tamaño e son omnívoros que viven no fondo de pozas temporais e lagos pouco fondos.[8]

Laevicaudata, Spinicaudata e Cyclestherida

[editar | editar a fonte]

Os que antes se chamaban concostráceos (que despois foron divididos en tres grupos) son animais bivalvos que levan vivindo na Terra polo menos desde o Devoniano. Crese hoxe que os tres grupos non forman un clado. Teñen de 10 a 32 segmentos no tronco, que diminúen en tamaño da parte frontal á posterior, e cada un leva un par de patas, que tamén levan branquias. Un músculo forte pode pechar as dúas metades en que se divide a súa cuncha.

Cladocera

[editar | editar a fonte]
Daphnia pulex (Cladocera: Daphniidae)

Os Cladocera son unha orde de pequenos crustáceos normalmente chamados pulgas de auga. Recoñecéronse polo momento unhas 620 especies, e hai moitas máis aínda non descritas.[18] Viven en todos os hábitats acuáticos continentais, pero son raros nos océanos.[8] A maioría miden de 0,2 a 6,0 mm de longo, cunha cabeza dobrada cara a atrás, e un cacho que cobre os seus abdome e tórax aparentemente insegmentados.[19] Teñen un só ollo composto en posición media.[8] A maioría das especies presentan partenoxénese ciclica, na que a reprodución asexual é ocasionalmente suplementada pola reprodución sexual, que produce ovos de resistencia que permiten que a especie sobreviva a duras condición e se disperse a hábitats distantes.[20]

Evolución

[editar | editar a fonte]

O rexistro fósil dos branquiópodos remóntase polo menos ao Cámbrico superior e posiblemente máis atrás. O grupo crese que é monofilético, e os Anostraca son o primeiro grupo que se ramificou.[21] Crese que o grupo evolucionou no mar, pero foi forzado a vivir en pozas temporais e lagos hipersalinos pola evolución dos peixes óseos.[8] Aínda que eran previamente considerados un grupo irmán do resto dos crustáceos, agora acéptase xeralizadamente que os crustáceos forman un grupo parafilético, e que os Branchiopoda son irmáns dun clado que comprende os Xenocarida (Remipedia e Cephalocarida) e Hexapoda (insectos e os seus parentes).[22][23] Actualmente clasifícanse nos seguintes grupos:

  1. ↑ branquiópodos no dicionaro da RAG.
  2. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cladóceros. Ver exemplo.
  3. ↑ Georges Cuvier (trans. William Benjamin Carpenter) (1851). "Crustacean Entomostraca (Müller)". The animal kingdom: arranged after its organization, forming a natural history of animals, and an introduction to comparative anatomy. W. S. Orr and co. pp. 434–448.
  4. ↑ Webster's New World College Dictionary. Cleveland, Ohio: Wiley Publishing. 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2017.
  5. 1 2 3 4 5 6 Libbie Hyman (1961). "Subclass 1. Branchiopoda". The Invertebrata (4th ed.). Cambridge University Press. pp. 368–375.
  6. ↑ Sol Felty Light (1970). "Phylum Arthropoda". Intertidal invertebrates of the central California coast. University of California Press. pp. 112–210. ISBN 978-0-520-00750-5.
  7. ↑ Pierre André Latreille (1831). Georges Cuvier, ed. The Crustacea, Arachnides and Insecta. The animal kingdom arranged in conformity with its organization 3. Henry M'Murtrie (trans.). G. & C. & H. Carvill.
  8. 1 2 3 4 5 6 7 8 Denton Belk (2007). "Branchiopoda". En Sol Felty Light; James T. Carlton. The Light and Smith Manual: Intertidal Invertebrates from Central California to Oregon (4th ed.). University of California Press. pp. 414–417. ISBN 978-0-520-23939-5.
  9. ↑ D. R. Khanna (2004). "Segmentation in arthropods". Biology of Arthropoda. Discovery Publishing House. pp. 316–394. ISBN 978-81-7141-897-8.
  10. ↑ J. M. Melack (2009). "Saline and soda lakes". En Sven Erik Jørgensen. Ecosystem Ecology. Academic Press. pp. 380–384. ISBN 978-0-444-53466-8.
  11. 1 2 3 Luc Brendonck, D. Christopher Rogers, Jorgen Olesen, Stephen Weeks & Walter R. Hoch (2008). Estelle V. Balian; Christian Lévêque; Hendrik Segers; Koen Martens, eds. "Freshwater Animal Diversity Assessment: Global diversity of large branchiopods (Crustacea: Branchiopoda) in freshwater". Hydrobiologia. Developments in Hydrobiology 198 595 (1): 167–176. ISBN 978-1-4020-8258-0. doi:10.1007/s10750-007-9119-9.
  12. ↑ Paul Selden & John R. Nudds (2004). "The Rhynie Chert". Evolution of Fossil Ecosystems (2nd ed.). Manson Publishing. pp. 47–58. ISBN 978-1-84076-041-5.
  13. ↑ "Introduction to Branchiopoda". University of California, Berkeley. Consultado o 5 de agosto de 2011.
  14. ↑ Frederick R. Schram & Stefan Koenemann (2001). "Developmental genetics and arthropod evolution: part I, on legs". Evolution & Development 3 (5): 343–354. PMID 11710766. doi:10.1046/j.1525-142X.2001.01038.x.
  15. ↑ D. J. Scourfield (1926). "On a new type of crustacean from the old Red Sandstone (Rhynie chert Bed, Aberdeenshire) – Lepidocaris rhyniensis, gen. et sp. nov.". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 214: 153–187. JSTOR 92140. doi:10.1098/rstb.1926.0005.
  16. ↑ "Lepidocaris". The Rhynie Chert Crustaceans. University of Aberdeen. Consultado o 5 de agosto de 2011.
  17. ↑ J. K. Lowry (2 de outubro de 1999). "Notostraca (Branchiopoda)". Crustacea, the Higher Taxa: Description, Identification, and Information Retrieval. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011.
  18. ↑ L. Forró, N. M. Korovchinsky, A. A. Kotov & A. Petrusek (2008). Estelle V. Balian; Christian Lévêque; Hendrik Segers; Koen Martens, eds. "Freshwater Animal Diversity Assessment: Global diversity of cladocerans (Cladocera; Crustacea) in freshwater" (PDF). Hydrobiologia. Developments in Hydrobiology 198 595 (1): 177–184. ISBN 978-1-4020-8259-7. doi:10.1007/s10750-007-9013-5. doi 10.1007/978-1-4020-8259-7_19
  19. ↑ Douglas Grant Smith & Kirstern Work (2001). "Cladoceran Branchiopoda (water fleas)". En Douglas Grant Smith. Pennak's Freshwater Invertebrates of the United States: Porifera to Crustacea (4th ed.). John Wiley and Sons. pp. 453 488. ISBN 978-0-471-35837-4.
  20. ↑ Ellen Decaestecker, Luc De Meester & Joachim Mergaey (2009). "Cyclical parthenogeness in Daphnia: sexual versus asexual reproduction". En Isa Schön; Koen Martens; Peter van Dijk. Lost Sex: The Evolutionary Biology of Parthenogenesis. Springer. pp. 295–316. ISBN 978-90-481-2769-6. doi:10.1007/978-90-481-2770-2_15.
  21. ↑ Joel W. Martin & George E. Davis (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 1–132. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de maio de 2013. Consultado o 26 de febreiro de 2017.
  22. ↑ David R. Andrew (2011). "A new view of insectecrustacean relationships II. Inferences from expressed sequence tags and comparisons with neural cladistics". Arthropod Structure & Development 40: 289–302. doi:10.1016/j.asd.2011.02.001.
  23. ↑ Bjoern M. von Reumont; Ronald A. Jenner; Matthew A. Wills; Emiliano Dell'Ampio; Günther Pass; Ingo Ebersberger; Benjamin Meyer; Stefan Koenemann; Thomas M. Iliffe; Alexandros Stamatakis; Oliver Niehuis; Karen Meusemann; Bernhard Misof (2012). "Pancrustacean phylogeny in the light of new phylogenomic data: support for Remipedia as the possible sister group of Hexapoda" (PDF proofs). Molecular Biology and Evolution 29 (3): 1031–1045. PMID 22049065. doi:10.1093/molbev/msr270.