Lepidurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lepidurus arcticus

Lepidurus é un xénero de pequenos crustáceos da clase dos branquiópodos, orde dos notostráceos, un dos dous que comprende a súa única familia, a dos triópsidos.[1][2]

É o máis grande dos dous xéneros existentes na familia, (o outro é Triops). Encóntranse habitualmente nas lagoas temporais primaverais e sobreviven aos períodos de seca grazas aos seus ovos en repouso de longa duración.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1819 polo zoólogo e biólogo mariño inglés William Elford Leach,[1] nun traballo publicado en Dict. Sci. Nat., 14: 539.[2][3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Lepidurus está formado pola unión dos elementos do latín científico lepid- e -urus. O primeiro está tirado do grego antigo λεπίσ lepís, "escama", e o segundo deriva do grego antigo οὐρά ourá, cola.[4] Literalmente: "os que teñen escamas na cola".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tameén polos sinónimos:[2]

  • Apus Cuvier, 1798
  • Apus Cuvier, 1800
  • Monops Billberg, 1820
  • Prolepidurus Tchernyshev, 1940

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense deno do xénero as seguintes especies:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lepidurus Leach, 1819 no WoRMS. Consultado o 5 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Leach, 1819 no GBIF. Consultado o 5 de marzo de 2022.
  3. Lepidurus en "Official Lists and Indexes of Names in Zoology". 31 de marzo de 2012. Consultada o 5 de maro de 2022.
  4. Lepidurus no Merriam-Webstr Dictionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Chip Hannum & Stuart Halliday: Especies. En MyTriops. Arquivado dende o orizinal o 6 de outubro de 2011. Consultado o 3 de marzo de 2012.
  • Lepidurus na EOL.