Borís Liatoshinski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borís Liatoshinski
Nome completoБорис Миколайович Лятошинський
Nacemento3 de xaneiro de 1895
Lugar de nacementoZhitómir
Falecemento15 de abril de 1968
Lugar de falecementoKíiv
SoterradoCemitério de Baikove
NacionalidadeImperio Ruso, República Socialista Soviética de Ucraína e Unión Soviética
Alma máterPetro Tchaikovsky National Music Academy of Ukraine
Ocupacióndirector de orquestra, compositor, profesor de música e profesor universitario
PremiosPremio Stalin, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", People's Artist of the Ukrainian SSR, Orde da Insignia de Honra, Honored Art Worker of the USSR e Shevchenko National Prize
Na rede
IMDB: nm0527912 Musicbrainz: c86fd88e-a832-482c-80d1-ab1331567acc Allmusic: mn0002259030 Find a Grave: 148312919 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Borís Mikoláiovich Liatoshinski (en ucraíno: Борис Миколайович Лятошинський) ou Borís Nikoláievich Liatoshinki (en ruso: Борис Николаевич Лятошинский), nado en Zhitómir o 3 de xaneiro de 1895 e finado en Kíiv o 15 de abril de 1968, foi un compositor e director de orquestra ucraíno

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monumento de Liatoshinski en Zhitómir.

Borís Liatoshinski proviña dunha familia de mestres pois o seu pai era profesor de historia e a súa nai tocaba o piano e cantaba. Comezou moi pronto el mesmo na música, estudando violín e piano. Dotado desde raparigo, escribiu varias pezas para piano á idade de catorce anos, entre elas un valse e unha mazurca. En 1913 comezou a estudar dereito na Universidade de Kíiv, finalizando en 1918. Mentres tanto, estudou composición con Reinhold Glière.[1] Desde 1920 foi profesor de composición no conservatorio de Kíiv. De 1922 a 1925, dirixiu a Asociación de Música Moderna Mykola Leontovych. Posteriormente, foi profesor de instrumentación no conservatorio de Moscova, entre 1935 e 1938.

Estilo[editar | editar a fonte]

O estilo de Liatoshinski está influenciado pola escola clásica rusa (Rimski-Kórsakov, Borodín, Glazunov, Chaikovski e Tanéyev), atopando na súa música unha predilección polo nacionalismo e a afinidade co folclore ucraíno, e en xeral, o folclore eslavo (ruso e polaco, en particular).

Ensinou a compositores de renome internacional como Kara Karáyev, Leonid Grabovski e Valentín Silvéstrov, deixando unha rica produción artística, mesmo como compositor de música cinematográfica.

Liatoshinski foi moi popular na Unión Soviética e recibiu numerosos premios polas súas composicións.

Obra[editar | editar a fonte]

Ópera[editar | editar a fonte]

  • The Golden Ring, en 4 actos, opus 23 (1929) (revisada en 1970)
  • Shchors, en 5 actos, opus 29 (1937)
  • The Commander, (1970)

Orquestral[editar | editar a fonte]

  • Sinfonía nº. 1, opus 2 (1918-1919)
  • Sinfonía nº. 2, opus 26 (1935-1936) revisada en 1940.
  • Sinfonía nº. 3, opus 50 "Polo 25 aniversario da revolución de outubro" (1951)
  • Sinfonía nº. 4, opus 63 (1963)
  • Sinfonía nº. 5 "Slavonic", opus 67 (1965-1966)
  • Marcha fantástica, opus 3 (1920)
  • Abertura sobre 4 temas folclóricos ucraínos, opus 20 (1927)
  • Poema lírico (1947)
  • Canto da reunificación de Rusia, opus 49 (1949-1950)
  • Valse (1951)
  • Suite, música para "Taras Shevchenko", opus 51 (1952)
  • Concerto eslavo para pianoey orquesrta, opus 54 (1953)
  • Suite sobre a peza "Romeu e Xulieta", opus 56 (1955)
  • "On the Banks of Vistula", poema sinfónico, opus 59 (1958)
  • Orquestración de catro acordes nº 2, opus 4 (Nº. 2 Intermezzo) (1960)
  • Suite polonesa, opus 60 (1961)
  • Abertura eslava, opus 61 (1961)
  • Poema lírico "À memoria de Reinhold Glière", opus 66 (1964)
  • Suite eslava, opus 68 (1966)
  • Abertura festiva, opus 70 (1967)
  • "Grazyna", opus 58 (1955)

Música de cámara[editar | editar a fonte]

  • Cuarteto para cordas nº. 1 opus 1 (1915)
  • Cuarteto para cordas nº. 2 opus 4 (1922)
  • Cuarteto para cordas nº. 3 opus 21 (1928)
  • Cuarteto para cordas nº. 4 opus 43 (1943)
  • Cuarteto para cordas nº. 5 (1944-1951)
  • Trío para piano nº. 1 opus 7 (1922) (revisado en 1925)
  • Sonata para violonchelo e piano, opus 19 (1926)
  • Tres pezas sobre temas folclóricos para violonchelo e piano, opus 25 (1932)
  • Trío para piano nº. 2 opus 41 (1942)
  • Quinteto para piano "Ucraíno", opus 42 (1942)
  • Suite sobre cantos folclóricos ucraínos, para cuarteto de corda, opus 45 (1944)
  • Suite para cuarteto de vento, opus 46 (1944)
  • Dúas mazurcas sobre temas folclóricos, para violonchelo e piano (1953)
  • Nocturno e scherzino para viola e piano (1963)

Piano[editar | editar a fonte]

  • Elexía-Preludio (1920)
  • Sonata para piano nº. 1 opus 13 (1924)
  • 7 pezas "Reflexións" opus 16 (1925)
  • Sonata para piano nº. 2 "Balada" opus 18 (1925)
  • Balada, opus 22 (1928-1929)
  • Balada, opus 24 (1929)
  • Suite (1941)
  • Tres preludios, opus 38 (1942)
  • Dous preludios, opus 38b (1942)
  • Shevchenko-Suite (1942) sen rematar.
  • Cinco preludios, opus 44 (1943)
  • Concerto Estudo-Rondo (1962-1965)
  • Concerto Estudo (1962-1967)

Música vocal para orquestra[editar | editar a fonte]

  • Cantata festiva "Para o 60 aniversario de Stalin" para coro mixto e orquestra (1938)

Música vocal[editar | editar a fonte]

Música para coro[editar | editar a fonte]

  • The Sun Rises at the Horizon, canto sobre Shevtshenko para coro
  • Water, Flow into the Blue Lake!, canto sobre Shevtshenko para coro
  • Seasons sobre Pushkin, para coro
  • Po negy kradetsya luna sobre Pushkin, para coro
  • Kto, volny, vas ostanovil sobre Pushkin, para coro

Música para películas[editar | editar a fonte]

  • Música para "Optimistic Tragedy" (1932)
  • Música para "Taras Shevtshenko" (1950)
  • Música para "Romeo and Julia" (1954)
  • Música para "The Hooked Pig's Snout" (1956)
  • Música para "Ivan Franko" (1956)
  • Marcha nº. 1 para orquestra e vento (1931)
  • Marcha nº. 2 para orquestra e vento (1932)
  • Marcha nº. 3 para orquestra e vento (1936)

Transcricións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "todoperaweb.com". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Biografía" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2008. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.