KK Budućnost Podgorica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "KK Budućnost")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Budućnost Voli
Morača Sports Center.jpg
Información xeral
Liga Prva A Liga / ABA Liga / EuroCup
Fundación 1949
Cores           Azul, branco
Presidente Flag of Montenegro.svg Dragan Bokan
Adestrador Flag of Serbia.svg Aleksandar Džikić
Localización
Cidade Flag of Montenegro.svg Podgorica, Montenegro
Pavillón Morača Sports Center
Capacidade 4.570
Inauguración 1978
Campionatos
Liga SeM 3 (1999−2001)
Liga MNE 11 (2007−2017)
ABA Liga 1 (2018)
Copa SeM 3 (1996, 1998, 2001)
Copa MNE 11 (2007−2012, 2014−2018)
kkbuducnost.me

O KK Budućnost Podgorica é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Podgorica, Montenegro. Forma parte do club polideportivo Budućnost Podgorica. O equipo compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, na que se proclamou campión na temporada 2017−18.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1949 en Titogrado (actualmente Podgorica). O club tardou máis de 30 anos en competir no máximo nivel do baloncesto de Iugoslavia. Na tempada 1980-81 foi cando o club montenegrino xogou por primeira vez na elite. Logo de sete anos consecutivos na elite, o Budućnost descendeu á liga inferior ao finalizar a tempada 1987-88. Porén non pasaría moito tempo ata que o equipo volvese á máxima categoría, xa que na tempada 1989-90 gañou a promoción de novo.

No período entre 1992 e 2006, o Budućnost participou na FR Yugoslavia, a máxima categoría o baloncesto en Serbia e Montenegro, acadando moitos resultados importantes nesta época. Nas tempadas 1995-96 e 1997-98 o equipo gañou a Copa de Iugoslavia, e pouco despois o equipo gañaría o título de liga iugoslava tres tempadas consecutivas: 1998-99, 1999-00 e 2000-01.

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]