Gran Lago do Escravo
(mis) Tinde'e (chp) Tu Nedhé (dgr) Tıdeè (den) Tucho ![]() | |||||
Tipo | lago glacial (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
País da cunca | Canadá ![]() | ||||
División administrativa | Territorios do Noroeste, Canadá ![]() | ||||
| |||||
Afluentes | Río Slave ,Lockhart River (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Efluente do lago | Río Mackenzie ![]() | ||||
Conca hidrográfica | conca fluvial do río Mackenzie ![]() | ||||
Características | |||||
Altitude | 156 m ![]() | ||||
Profundidade | 614 m ![]() | ||||
Dimensións | 109 (![]() ![]() | ||||
Perímetro | 3.057 km ![]() | ||||
Superficie | 27.209 km² ![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 971.001 km² ![]() | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 1.580.000 hm³ ![]() | ||||
O Gran Lago do Escravo ou dos Escravos (inglés: 'Great Slave Lake'; francés: 'Grand Lac des Esclaves') é un dos grandes lagos do Canadá, o segundo maior nos Territorios do Noroeste (despois do Gran Lago do Oso), e forma parte da cunca do río Mackenzie. A súa profundidade máxima é de 614 m,[1] o que o converte no lago máis profundo de Norteamérica. Atópase na desemboca do río do Escravo. Ten 480 km de longo e de 19 a 109 km de largo e unha superficie de 28.930 km²,[1] similar á de Albania, que o converten por superficie no décimo maior lago no mundo. O seu volume é 2.090 km³. O seu nome deriva de ser a rexión dos «Slavey», un grupo dene das Primeiras Nacións, que significa «escravo» ou «estranxeiro».
As principais localidades na redonda do lago son: Yellowknife, Fort Providence, Hay River e Fort Resolution. A única comunidade no Brazo do Leste é Lutselk'e, unha aldea dunhas 350 persoas, en gran parte chipewyan, aborixes da nación dene.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hebert, Paul (2007). "Great Slave Lake, Northwest Territories". Encyclopedia of Earth. Consultado o 2007-12-07.