Billetes da coroa checoslovaca (1953)
Os primeiros billetes da terceira coroa checoslovaca foron emitidos polo Partido Comunista de Checoslovaquia en valores de 1, 3 e 5 korun (billetes estatais) e polo Banco do Estado en valores de 10, 25, 50 e 100 korun (billetes). A partir de 1958, foron deseñados novos billetes de 25, 10, 100 korun e finalmente tamén billetes 50 Kčs; por outra banda, os billetes estatais foron gradualmente substituídos por moedas durante os anos 1960. Os billetes de 20 Kčs foron impresos a partir do ano 1970 para substitui-los billetes de 25 Kčs. O billete de 500 Kčs apareceu en 1973. Comezando coas tiradas de billetes de 1.000 korun do ano 1985, foi introducida unha nova serie, máis uniforme (deseñador: Albin Brunovský), a cal se lle engadía un novo valor facial cada ano. Este proceso interrompeuse pola caída do comunismo (e, finalmente, pola disolución do país): o novo billete de 100 Kčs emitido en 1989, que amosaba a Klement Gottwald, un destacado líder comunista, foi rapidamente retirado trala Revolución de Veludo. O novo billete de 500 Kčs nunca chegou a ser emitido.
Valor facial | Dimensións | Cor principal | Idioma | Descrición | Date of | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | da emisión | da retirada | |||||||
Emisións de 1958 | ||||||||||
25 Kčs | 140 × 69 mm | Azul | Checo e Eslovaco | Jan Žižka | A Praza Jan Žižka en Tábor | 1 de decembro de 1958 | 31 de decembro de 1972 | |||
Emisións de 1960 a 1964 | ||||||||||
3 Kčs | 113 × 55 mm | Azul | Checo e Eslovaco. | Valor facial | Escudo de armas. | 1 de decembro de 1961 | 31 de decembro de 1967 | |||
5 Kčs | 123 × 59 mm | Verde | Checo e Eslovaco. | Valor facial | Escudo de armas. | 1 de decembro de 1961 | 31 de decembro de 1967 | |||
10 Kčs | 134 × 65 mm | Marrón | Eslovaco | Rapazas con flores. | Panorámica do Encoro de Orava. | 1 de decembro de 1961 | 30 de xuño de 1988 | |||
25 Kčs | 140 × 69 mm | Azul | Checo e Eslovaco. | Jan Žižka | A Praza Jan Žižka en Tábor. | 2 de maio de 1962 | 31 de decembro de 1972 | |||
50 Kčs | 150 × 75 mm | Vermello | Eslovaco | Un soldado ruso e un partisano. | A refinaría Slovnaft de Bratislava. | 1 de abril de 1965 | 30 de xuño de 1991 | |||
100 Kčs | 165 × 81 mm | Verde | Checo | Parella de labregos pobres. | Vista de Praga co Castelo de Praga e a Ponte de Carlos. | 1 de decembro de 1962 | 7 de febreiro de 1993 | |||
Emisións de 1970 a 1973 | ||||||||||
20 Kčs | 134 × 59 mm | Azul | Checo | Jan Žižka | Imitación dunha ilustración dun códice. | 1 de abril de 1971 | 30 de xuño de 1991 | |||
500 Kčs | 153 × 67 mm | Marrón | Eslovaco | Partisanos da Insurrección nacional eslovaca de 1944. | Castelo de Devín. | 1 de novembro de 1973 | 7 de febreiro de 1993 | |||
Emisións de 1985 a 1989 | ||||||||||
10 Kčs | 133 × 67 mm | Marrón | Eslovaco | Pavol Országh-Hviezdoslav | Escena de Orava. | 1 de xullo de 1986 | 7 de febreiro de 1993 | |||
20 Kčs | 138 × 67 mm | Azul | Checo | Comenius | Ilustración relativa á cultura e a educación. | 1 de outubro de 1988 | 7 de febreiro de 1993 | |||
50 Kčs | 143 × 67 mm | Vermello | Eslovaco | Ľudovít Štúr | Vista de Bratislava co Castelo de Bratislava (dende o restaurante do cumio da torre do Nový Most). | 1 de outubro de 1987 | 7 de febreiro de 1993 | |||
100 Kčs | 148 × 67 mm | Verde | Checo | Klement Gottwald | Vista de Praga co Castelo de Praga e a Ponte de Carlos. | 1 de outubro de 1989 | 31 de decembro de 1990 | |||
1.000 Kčs | 158 × 67 mm | Azul | Checo | Bedřich Smetana | Panorámica do río Moldova visto dende Vyšehrad. | 1 de outubro de 1985 | 7 de febreiro de 1993 |