Billetes de Bohemia e Moravia
Os Billetes de Bohemia e Moravia eran o conxunto de billetes imprimidos, cuñados e sobreimpresos durante o establecemento do Protectorado de Bohemia e Moravia por parte da Alemaña Nazi, o cal estivo vixente dende o ano 1939 ó ano 1945, durante este protectorado foi establecida unha nova moeda, a coroa do protectorado de Bohemia e Moravia, coñecida tamén coma a Coroa do Protectorado (en checo: Protektorátní koruna), que sería a súa moeda oficial, a cal estaba subdividida en 100 haléřů.
Emisión dos billetes
[editar | editar a fonte]Os billetes da R. de Checoslovaquia de 1 e 5 korun foron selados cun cuño circular coa lenda en alemán "Protektorat Böhmen und Mähren" na parte superior do círculo, e na parte inferior seguía coa lenda (esta vez en checo) "Protektorát Čechy a Morava", a partir do 9 de febreiro de 1940 comezaría a emisión de billetes ordinarios.[1] Despois do selado inicial, o goberno fixo tiradas regulares de 1, 5, 50 e 100 korun no ano 1940, 10 korun no 1942, e 20 e 50 korun en 1944. O Nationalbank für Böhmen und Mähren en Praga (Banco Nacional de Bohemia e Moravia en Praga) introduciu billetes de 500 e 1000 korun no ano 1942, e xa no ano 1943 introduciría billetes checoslovacos de 5000 korun sobreimpresos. A partir de 1944, o Banco Nacional imprimiría billetes ordinarios de 5000 korun.
Táboa completa dos billetes de Bohemia e Moravia
[editar | editar a fonte]Período | Emisión | Valor | Data | Imaxe | Comentarios |
---|---|---|---|---|---|
Bohemia e Moravia[2] |
Emisión Provisional de 1939 | 1 Koruna | SD (1939) | ||
5 Korun | SD (1939) | Jungmann | |||
Emisión de 1940 | 1 Koruna | SD (1940) | |||
5 Korun | SD (1940) | ||||
50 Korun | 1940 | ||||
100 Korun | 1940 | Castelo de Praga e Ponte de Carlos | |||
Emisión de 1942–44 | 10 Korun | 1942 | |||
20 Korun | 1944 | ||||
50 Korun | 1944 | ||||
Bohemia e Moravia[2] |
Emisión de 1942–44 | 500 Korun | 1942 | Brandl | |
1000 Korun | 1942 | Parler | |||
5000 Korun | 1943 | Sobreimpreso nun billete checo de 1920 - Specimen | |||
5000 Korun | 1944 | San Venceslau |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linzmayer, Owen (2011). "Bohemia and Moravia". En BanknoteNews.com. The Banknote Book. San Francisco, CA. Consultado o 2011-08-21.
- ↑ Saltar a: 2,0 2,1 Cuhaj, 2012, p. 125–26.
- Cuhaj, George S. (2010). Krause Publications, ed. Paper Money General Issues 1368-1960 (13 ed.). ISBN 978-1-4402-1293-2.[Ligazón morta]
- Krause, Chester L. e Clifford Mishler (1991). Krause Publications, ed. Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed.). ISBN 0873411501.
- Pick, Albert (1994). Krause Publications, ed. Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. Colin R. Bruce II and Neil Shafer (editors) (7th ed.). ISBN 0-87341-207-9.