Moedas da coroa checoslovaca (1919)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En 1921, foron introducidas dúas moedas cos valores faciais de 20 e 50 haleru, seguidas dunha moeda de 10h e outra dunha coroa en 1922, e xa en 1923 serían introducidas moedas de 2 e 5 haleru. Con posterioridade, tamén serían introducidas unha moeda de 5 korun en 1925, unha de 10 korun en 1928, e en 1933 acuñaríase unha de 25 haleru (aínda que unha pequena cantidade foi acuñada no 1932, o cal fai desta moeda unha rareza numismática) e outra de 20 korun. Os 2 haleru foron acuñados en cinc, as de 5h e 10h en bronce; os 20, 25 e 50 haleru, ademais da moeda dunha koruna foron acuñadas nunha aliaxe de cobre-níquel. A moeda de 5 korun foi feita en cobre-níquel ata 1928, cando foi introducida unha versión en prata . A moeda de 5 korun volvería a ser acuñada en cobre-níquel a partir de 1938. As 10 e 20 korun foron emitidas en prata.

Notas[editar | editar a fonte]

George Cuhaj (2011). Krause Publications, ed. 2012 Standard Catalog of World Coins 1901-2000, 39th Edition (pdf). ISBN 978-1-4402-1572-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]