Bill Brack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bill Brack
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Canada.svg Canadá
Anos en activo 3 (19681969, 1972)
Escudería(s) Lotus, BRM
Grandes Premios disputados 3
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Canadá de 1968
Derradeiro GP Gran Premio do Canadá de 1972


William Brack nado en Toronto (Ontario) o 26 de decembro de 1935, é un ex piloto de carreiras canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicialmente participou nas carreiras de automóbiles a principios dos anos 1960, baixo a forma de Minis (usando un coche da compañía) en Huntsville. Pasou a mercar o seu propio Mini.

Brack converteuse posteriormente nun piloto de Fórmula 1 que correu para os equipos Lotus e BRM. Logo da Fórmula 1, tivo éxito no Atlantic Championship a mediados da década de 1970, obtendo o campionato canadense de Fórmula Atlántico en tres anos consecutivos (1973, 1974, 1975) antes de retirarse das carreiras para abrir un concesionario Daimler Chrysler (Downtown Chrysler) preto da Canadian National Exhibition en Toronto. Non está relacionado co condutor de carreira sueco Kenny Bräck.

Bill Brack en Edmonton International Speedway Formula Atlantic, 1975.


Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
1968 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49B Cosworth V8 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE ITA CAN
Ret
USA MEX NC 0
1969 Owen Racing Organisation BRM P138 BRM V12 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE ITA CAN
NC
USA MEX NC 0
1972 Marlboro BRM BRM P180 BRM V12 ARX RSA ESP MON BEL FRA GBR ALE AUT ITA CAN
Ret
USA NC 0
Fonte:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 79. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]