Big data

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infografía que mostra o crecemento dos datos desde unha única fonte cara ao 'big data', e o volume, a velocidade e a variedade asociados a el.

Big data é un termo usado para determinados sistemas de bases de datos. Utilízase para unha serie de tecnoloxías que axudan a organizar, recoller e analizar datos. En galego tamén se emprega o termo base de datos a grande escala.[1]

Aplícanse polo menos algunhas das seguintes características:[2]

  • Hai cantidades enormes de datos
  • Os datos cambian con moita frecuencia
  • É difícil estruturar os datos para que se poidan usar facilmente

Uso[editar | editar a fonte]

Os big data utilízanse para analisar diferentes temas. A través da análise pódese obter nova información. As cantidades máis grandes de datos facilitan atopar información fiable. Utilízase en moitas áreas diferentes, como goberno, saúde, seguros, medios de comunicación, publicidade e tecnoloxía da información.

Orixe[editar | editar a fonte]

Os datos recóllense entre outras cousas a través de:

Crítica[editar | editar a fonte]

O big data foi criticado por diferentes motivos. Unha crítica destacada é a crecente vixilancia para recoller datos, que ten lugar de moitas formas novas. Edward Snowden revelou como a Axencia Estadounidense de Seguridade Nacional (NSA) usa tecnoloxía dixital para espiar persoas de todo o mundo. Outras críticas destacadas é a privacidade dos datos, que trata sobre o risco de filtración de datos persoais sensibles porque non están o suficientemente protexidos.

Amparo Alonso antes da súa participación no encontro Big Data Coruña de 2017

Unha crítica máis fundamental do big data é que só porque sexa máis grande, non é automaticamente mellor. A calidade dos datos aínda ten que ser controlada. Tamén se indica que a análise de datos só pode preguntar "que" está a pasar, pero non "por que" está a suceder.

No eido académico galego, unha das maiores defensoras do emprego do big data é a catedrática Amparo Alonso Betanzos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bases de datos a grande escala | Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2023-06-30. 
  2. "Big Data - Definition and 4 V's ; Data Basecamp". databasecamp.de (en inglés e alemán). 2021-11-26. Consultado o 2023-06-30. 
  3. "Amparo Alonso, investigadora de IA: "no hay que temer a la inteligencia artificial" - GlobbIT". GlobbIT (en castelán). 20 de outubro de 2015. Consultado o 6 de marzo de 20178. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.