Sebastián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bastián")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este artigo trata sobre o nome, para o santo véxase Sebastián mártir.
Martirio de San Sebastián, na igrexa de San Pedro de Xurenzás, en Boborás (Ourense).

Sebastián ou Sebaschán[1] (forma familiar como Bastián[2]) é un nome de varón na súa variante en galego. Deriva do nome latino Sebastianus co significado 'o que vén de Sebaste'. Sebaste é o nome dunha vila de Asia Menor[3] (hoxe en día Anatolia), que á súa vez deriva da verba grega σεβαστός (sebastos), "venerábel",[4] que vén de σέβας (sebas), "temor, reverencia",[5] á súa vez do verbo σέβομαι (sebomai), "sentir temor, escrúpulo, avergoñarse".[6] Sebastos foi a tradución grega do título Augusto, que usaban os emperadores romanos. Sebastián volveuse un nome moi común, moi especialmente en Galiza, por mor de que era o nome de San Sebastián, un mártir cristián do século III.

A forma feminina en galego é Sebastiana ou de forma familiar: Bastiana. Os hipocorísticos galegos son: Tián e Bastián.

Aínda que 13 parroquias teñen a San Sebastián coma padroeiro, o nome non é dos máis populares en Galiza (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián); só 776 varóns levan o nome no país[cando?]; porén é popular no sur de España. Nalgúns países o nome incrementou a súa popularidade. Nos Estados Unidos foi o 98 nome máis popular dos nenos nados en 2008; o 86 en Inglaterra e Gales en 2007, o 38 no mesmo ano en Suecia, o 13 en Noruega, o quinto en Chile en 2006[7][8].

Santoral[editar | editar a fonte]

  • 20 de xaneiro, San Sebastián, soldado, santo e mártir cristián do século III.

Variantes masculinas[editar | editar a fonte]

Sodoma 003.jpg

Variantes femininas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nome Sebaschán en Ímoslle chamar da [[Xunta de Galicia]] a través de lingua.gal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  2. Varias fontes: Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970): Bastian, llaman así entre rústicos al que tiene el nombre de Sebastian. Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel: Bastián:Sebastián, forma familiar, nombre de varón.
  3. Sebaste, Charlton T. Lewis, Charles Short, A Latin Dictionary, on Perseus
  4. σεβαστός, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus
  5. σέβας, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus
  6. σέβομαι, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus
  7. Fonte:Instituto Nacional de Estatística
  8. Behind the Name

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]