A editora en xefe fundadora da revista foi Lesley Anson,[1] seguida por Joerg Heber,[2]Magdalena Skipper e Elisa De Ranieri.[3] No ano 2022, os editores eran Nathalie Le Bot para as áreas de saúde e ciencia clínica, Stephane Larochelle por ciencias da bioloxía, Enda Bergin para química e biotecnoloxía e Prabhjot Saini para física e ciencias da Terra.[4] Dende outubro de 2014, a revista só acepta artigos de autores dispostos a pagar un cargo por procesamento de artigos. Ata finais de 2015, parte dos envíos publicados só estaban dispoñibles para os subscritores. En xaneiro de 2016, todo o contido pasou a ser de libre acceso.[5]