Bancada
Unha bancada é unha fileira de asentos desde os que se presencia un espectáculo, por exemplo nun estadio, circo, etc.[1] O termo en plural: bancadas designa o conxunto de fileiras colocadas en xeito ascendente para visualizar o espectáculo[2].
Un termo semellante é o de chanzo, cada un dos distintos niveis que serven de asento para os espectadores dun estadio, anfiteatro etc.[3]
Os primeiros exemplos aparecen nos circos e anfiteatros gregos e romanos. Hoxe en día aparecen en estadios, cinemas ou lugares de reunión como teatros, circos e lugares públicos[4].
Outros significados[editar | editar a fonte]
O termo bancada reférese tamén ao conxunto de táboas que teñen as embarcacións pequenas, como as dornas, gamelas, chalanas etc., colocadas de babor a estribor, onde se sentan os que vogan. Taméns e lle chama así á división da embarcación, espazo que queda entre banco e banco[5].
Nalgúns dicionarios bancada aparece coma sinónimo socalco ou bancal, valado de pedra que serven para conter as terras de cultivo nos terreos moi pendentes, e tamén estas terras de cultivo[6].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Bancadas ateigadas de siareiros do Celta no Estadio de Balaídos, Vigo.
Bancadas cubertas no Reino Unido.
Bancadas dunha praza de touros en Maracaibo.
Chanzos do anfiteatro romano de Mérida, Estremadura.
Bancadas da praza de touros de Valencia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definición en Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012
- ↑ Termo en plural en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ "Chanzo en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ Vocabulario da música e espectáculos, Santiago, Xunta de Galicia, 1988; Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998
- ↑ "Bancada en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Léxico de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996; Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012