Ave do paraíso (planta)
Ave do paraíso Strelitzia reginae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor de Strelitzia reginae | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Strelitzia reginae Banks, 1789 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A ave do paraíso, Strelitzia reginae Banks, é unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da clase das liliópsidas, subclase das zinxibéridas, orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas.
É unha planta herbácea, rizomatosa, orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1789 polo naturalista, botánico e mecenas das ciencias naturais inglés Sir Joseph Banks, que reclasificou a Heliconia bihai J. S. Mill.[1][2][3]
Porén, no ITIS adxudícanlle a autoría ao tamén botánico inglés William Townsend Aiton.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O epíteto específico científico desta planta, reginae (en latín = "da raíña"), está dedicado á princesa alemá Carlota de Mecklemburgo-Strelitz, raíña consorte de Inglaterra polo seu casamento co rei Xurxo III do Reino Unido, falecida en 1818 e que era moi afeccionada á botánica.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Os principais sinónimos desta especie (hai até 25) son:[6]
- Heliconia strelitzia J.F.Gmel.
- Strelitzia angustifolia W.T.Aiton
- Strelitzia farinosa W.T.Aiton
- Strelitzia gigantea J.Kern
- Strelitzia glauca Rich.
- Strelitzia humilis Link
- Strelitzia ovata W.T.Aiton
- Strelitzia parvifolia W.T.Aiton
- Strelitzia regalis Salisb.
- Strelitzia rutilans C.Morren
Características
[editar | editar a fonte]Dimensións
[editar | editar a fonte]Planta herbácea, de porte arbustivo cunha altura media de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m.
Follas
[editar | editar a fonte]As follas, con longos pecíolos, son alternas, pinnatinervadas e dísticas.
Flores
[editar | editar a fonte]As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculadas. O perigonio está formado por 6 tépalos distribuídos en dous grupos, os tres externos iguais e libres, os tres internos desiguais e xeralmente soldados, un de maiores dimensións e pregado en forma de frecha rodeando a estilo. O xineceo presenta 3 carpelos soldados, o ovario é ínfero, trilocular, con numerosos primordios seminais.
Froito
[editar | editar a fonte]O froito é unha cápsula valvicida que se abre por 3 valvas.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Necesita luz intensa tres ou catro horas diarias de luz solar directa e non florece con luz inadecuada. Durante o período de crecemento activo, pode cultivarse en condicións normais. Necesita de regos moderados e humidade normal. Entre marzo e outubro require grandes cantidades de auga. As aves do paraíso son moi sensibles ao ataque das cochinillas.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Xardín Botánico de Melbourne
-
variedade citrina Hort
-
Jardim Botânico da Madeira
-
Xardín Botánico de Bermuda
-
Preto de Orosí, Costa Rica
-
Diamond Bar, California
-
'Mandela's gold', Kirstenbosch National Botanical Gardens, Cidade do Cabo
-
En Kolkata, Bengala Occidental, India
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CJB Genève. African Plant Database.
- ↑ Strelitzia reginae Banks in U.S. National Plant Germplasm System. United States Department of Agriculture. Agricultural Research Service. Consultado o 9-9-2018.
- ↑ "Strelitzia reginae, in World Checklist of Selected Plant Families". Royal Botanic Gardens, Kew. Arquivado dende o orixinal o 13-10-2012. Consultado o 9-9-2018.
- ↑ Strelitzia reginae Aiton, no ITIS.
- ↑ Strelitzia reginae00 Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Memidex.]
- ↑ Strelitzia reginae Banks Arquivado 12 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. in The Plant List. (Organización que colabora co Royal Botanic Gardens, Kew e o and Missouri Botanical Garden.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ave do paraíso |