Zingiberidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A das Zinxibéridas (Zingiberidae), na clasificación clásica de Cronquist (1981), é unha subclase de plantas anxiospermas da clase das monocotiledóneas ou liliópsidas, que inclúe dúas ordes con 9 familias, e un total dunhas 4.000 especies.

Características[editar | editar a fonte]

Son plantas herbáceas, habitualmente terrestres ou epífitas, e excepcionalmente arbóreas.

Presentan follas alternas, ocasionalmente todas basais. As súss flores forman inflorescencias con brácteas vivamente coloreadas. O perianto presenta tres sépalos —libres ou connados— sempre diferentes aos pétalos; estes adoitan seren tamén tres, e poden aparecer libres ou soldados.

O androceo presenta 6 estames en dous ciclos de tres; nalgún caso só un deles é funcional, mentres que o resto forma estaminodios. O xineceo, á súa vez, presenta 3 carpelos soldados, e un ovario xeralmente ínfero e trilocular, aínda que ocasionalmente pode ser unilocular.

O froito é polo común capsular ou baciforme, rara vez esquizocarpo ou froito múltiplo. As sementes nos froitos capsulares son a miúdo ariladas, aladas o plumosas.

Todas as especies son hermafroditas, aínda que algunhas resultan unisexuais funcionalmente.

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Nas clasificacións filoxenéticas APG II (2003) e APG III (2009) a subclase das zinxibéridas non se admite. A orde das Bromeliales está incluída na das Poales, mentres que a das Zingiberales foma parte do novo clado das commelíninas (Commelinanae).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]