Strelitzia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Strelitzia
Flor de Strelitzia reginae
Flor de Strelitzia reginae
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Zingiberidae
Orde: Zingiberales
Familia: Strelitziaceae
Xénero: Strelitzia
Ait., 1789
Especies
  • Véxase o texto

Strelitzia é un xénero de plantas fanerógamas monocotiledóneas, o tipo da familia das estrelitziáceas, propias de Suráfrica.

O nome do xénero honra a memoria da raíña Carlota de Inglaterra, esposa do rei Xurxo III do Reino Unido, princesa alemá filla de Carlos II, gran duque de Mecklenburg-Strelitz, que era moi afeccionada á botánica, e foi unha da fundadoras dos Royal Botanic Gardens (Reais Xardíns Botánicos) de Kew (Londres).

Característica[editar | editar a fonte]

O xénero contén só especies surafricanas, pero Strelitzia reginae e Strelitzia nicolai cultívanse frecuentemente en xardíns tropicais de todo o mundo como plantas ornamentais, e son coñecidas como aves do paraíso, debido á forma da flor, que recorda a cabeza dun paxaro.

As Strelitzia son plantas herbáceas perennes, de porte característico arbustivo, con grandes follas coriáceas e carnosas.

Especies[editar | editar a fonte]

Segundo o Kew Garden World Checklist (20 de marzo de 2012),[1] o xénero conta coas seguintes especies:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]