Saltar ao contido

Asociación de Electores de Schleswig Meridional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Asociación de Electores de Schleswig Meridional
Logotipo
 Nome oficial
Südschleswigscher Wählerverband (de) Editar o valor en Wikidata
Características
 Ideoloxía política
Implicados
 Presidente/a
Christian Dirschauer (pt) Traducir 2021
Flemming Meyer 10 de setembro de 2005 - 2021 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1948 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
Cifras e dimensións
 Membros
3.125 (31 de decembro de 2022)
3.153 (31 de decembro de 2021)
3.216 (31 de decembro de 2020)
3.306 (31 de decembro de 2019)
3.378 (31 de decembro de 2018)
3.421 (31 de decembro de 2017)
3.394 (31 de decembro de 2016)
3.552 (31 de decembro de 2015)
3.630 (31 de decembro de 2014)
3.690 (31 de decembro de 2013)
3.660 (31 de decembro de 2012)
3.663 (31 de decembro de 2011)
3.617 (31 de decembro de 2010)
3.514 (31 de decembro de 2009)
3.548 (31 de decembro de 2008)
3.575 (31 de decembro de 2007)
3.653 (31 de decembro de 2006)
3.774 (31 de decembro de 2005)
4.085 (31 de decembro de 2003)
4.160 (31 de decembro de 2002)
4.669 (31 de decembro de 1999)
4.891 (31 de decembro de 1997)
4.845 (31 de decembro de 1996)
4.922 (31 de decembro de 1995) Editar o valor en Wikidata
 Número de escanos lexislatura
0 Parlamento Europeo (9 de abril de 2025)
1 Bundestag
0 Bundesrat (1 de abril de 2025) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Área de operación
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
VIAF263679338 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026xtn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: SSWpresse Instagram: sswpresse Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Asociación de Electores de Schleswig Merdional (en alemán Südschleswigscher Wählerverband, abreviado SSW; en dinamarqués Sydslesvigsk Vælgerforening; e en frisón setentrional Söödschlaswiksche Wäälerferbånd) é o partido político alemán da minoría dinamarquesa e frisoa en Schleswig-Holstein. A SSW intégrase no partido político europeo da Alianza Libre Europea.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

A SSW naceu para a representación e defensa dos intereses das minorías culturais de lingua frisoa e danesa de Schleswig-Holstein, rexeita integrarse no eixo esquerda-dereita aínda que se di inspirado no modelo nórdico no relativo ás políticas culturais, medioambientais, benestar e ensino.[1] Na década de 1950 o partido incorporou nos seus documentos programáticos o dereito de autoderminación e á autonomía política,[2] na actualidade insiste na descentralización a nivel local e é un exemplo de partido representante dunha minoría integrada no sistema político do Estado que a alberga.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O partido fundouse en 1948 baixo o patrocinio das autoridades militares británicas co albo de representar á colectividade dinamarquesesa residente no sur de Schleswig, os frisóns incorporáronse á formación unha vez creada. Ten o seu antecedente na Liga de Schleswig creada na década de 1920 e que defendía un referendo para anexionar a rexión de Flensburgo a Dinamarca, tal e como sucedera co norte de Schleswig logo do Tratado de Versalles.

Durante a primeira lexislatura do Bundestag da República Federal Alemá (1949-1953) o partido mantivo un deputado en Bonn. Con todo, o establecemento da barreira electoral do 5% dos votos para conseguir escano nos lexislativos, aprobado en 1950, supuxo que o partido perdese a súa representación federal en 1953 e no Landtag de Schleswig-Holstein. Posteriormente, as Declaracións de Bonn-Copenhague en 1955, permitiron excluír á SSW, como representante dunha minoría cultural, da barreira do 5% para obter representación.[5] Isto permitiu que o partido volvese ao parlamento de Schleswig-Holstein en 1958 sen perder nunca a representación. A partir da década de 1960 o partido coñeceu unha mingua de apoios, caendo a menos do 1,5% dos votos, se ben dende principios do século XXI gañou novos apoios permitíndolle superar o 3% e o 4% nas eleccións de Schleswig-Holstein. Aínda que a SSW deu apoio parlamentario a varios gobernos do seu Estado federado, en 2012 incorporáronse a unha coalición de goberno canda o SPD e Os Verdes, que se mantivo ata 2017.[6] Doutra parte, en 1961 optou por non participar nas eleccións ao Bundestag, unha decisión que foi revisada en 2020, cando se decidiu concorrer ás eleccións federais de 2021,[7] nas que logrou que Stefan Seidler fose electo.[8]

  1. "About SSW". ssw.de.
  2. Fisher, S. L. (2012-12-06). The Minor Parties of the Federal Republic of Germany: Toward a Comparative Theory of Minor Parties (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 978-94-010-2079-4.
  3. Sakwa, Richard; Stevens, Anne (2012-03-28). Contemporary Europe (en inglés). Macmillan International Higher Education. ISBN 978-0-230-36719-7.
  4. EFE (2018-05-29). "Schleswig-Holstein, un modelo de convivencia entre las minorías". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-09-27.
  5. "Bonn-Copenhagen Declarations". miris.eurac.edu. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2021.
  6. Pergande, Frank; Kiel. "Schleswig-Holstein: SPD, Grüne und SSW einigen sich auf Koalitionsvertrag". FAZ.NET (en alemán). ISSN 0174-4909. Consultado o 2021-09-27.
  7. "EFA member SSW wants to give a voice to the North in German Federal Parliament". EFA - European Free Alliance (en inglés). 2020-09-21. Consultado o 2021-09-27.
  8. NDR. "SSW: 55.330 Stimmen und ein Sitz im Bundestag". www.ndr.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-27.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]