Stefan Seidler
Stefan Seidler | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de decembro de 1979 |
Lugar de nacemento | Flensburgo |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Aarhus, Duborg-Skolen e Gustav-Johannsen-Skolen |
Ocupación | político e consultor |
Na rede | |
https://stefan-seidler.info/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Stefan Seidler, nado en Flensburgo en 1979, é un político alemán pertencente á minoría dinamarquesa de Schleswig-Holstein. En 2021 foi electo deputado federal no Bundestag pola Asociación de Electores de Schleswig Meriodional (SSW), o partido que representa os intereses poboación dinamarquesa e frisoa de Alemaña.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en 1979 en Flensburgo, Alemaña, os seus pais eran de orixe dinamarquesa adicábanse á docencia e á venda de madeira.[2] Despois de completar a súa educación secundaria na escola local de lingua dinamarquesa, estudou na Universidade de Aarhus en Aarhus, Dinamarca, onde cursou ciencias políticas e comunicación política.[3][4] É membro da Asociación de Avogados e Economistas de Dinamarca.[5] Stefan Seidler está casado e ten dúas fillas.[3]
Seidler participou en movementos políticos tanto en Dinamarca coma en Alemaña. En Aarhus, tivo responsabilidades á fronte de Radikal Ungdom, a de xuventude do Partido Liberal Social, e máis tarde foi candidato dese partido para o parlamento dinamarqués e o Parlamento europeo.[6] Tamén foi concelleiro en Flensburgo, e en 2014, foi nomeado coordinador das relacións co goberno de Dinamarca de Schleswig-Holstein.[3]
Para as eleccións parlamentarias federais de setembro de 2021, disputou a circunscrición electoral de Flensburgo – Schleswig, para o SSW. Con todo, resultou electo o candidato da Alianza 90/Os Verdes, mais gañou un escano na lista estatal do partido sendo o primeiro deputado da Asociación de Electores de Schleswig Meridional dende 1953.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Diario, Nós. "O partido da minoría danesa e frisoa volve ao parlamento alemán 70 anos despois". Nós Diario. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ "Hjem". stefan-seidler.info. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Stefan Seidler". ssw.de.
- ↑ "Vejlenser valgt til det tyske parlament - den nyvalgte Stefan Seidler bor i Grønnedalen". vafo.dk (en dinamarqués). 2021-09-27. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ "Stefan Seidler". ssw.de.
- ↑ "TIDLIGERE DUBORG-STUDENT ER POLITISK BINDELED MELLEM SLESVIG-HOLSTEN OG DANMARK". skoleforeningen.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 07 de outubro de 2021.