Arturo Alcoceba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arturo Alcoceba
Nome completoArturo Alcoceba Isusi
Nacemento4 de decembro de 1952
 Sodupe
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónactivista e xornalista
IrmánsPaquita Alcoceba
editar datos en Wikidata ]

Arturo Alcoceba Isusi (Sodupe, Güeñes, 4 de decembro de 1952), é un coñecido xornalista e activista político e social vasco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Arturo Alcoceba naceu en Sodupe (Güeñes, Biscaia) o 4 de decembro de 1952 nunha familia con catro fillos, dous fillos e dúas fillas. O seu avó paterno foi soldado do Eusko Gudarostea na Guerra Civil española e estivo prisioneiro moitos anos. O seu pai foi un político vasco que sempre loitaba pola república vasca e tamén estivo no cárcere moitos anos.

A súa irmá é Paquita Alcoceba, política e activista vasca, representante de Gure Esku Dago e unha das fundadoras de Gure Esku Dago Güeñes, e o seu cuñado é Luís Laiseka, político vasco.

Detención e tortura[editar | editar a fonte]

Afiliouse desde mozo a EGI do Partido Nacionalista Vasco e estivo desde mozo no consello municipal de Güeñes do PNV, organizando e participando en reunións, pintadas etc. cando estaban prohibidos.[1]

Durante o Franquismo el, xunto cuns amigos seus, foi ao monte Gorbea e na punta do monte cravou unha gran ikurriña, ao berro de "Gora Euskadi askatuta" (viva euskadi libre, en galego) e " Gora Euskal errepublika" (viva a república vasca, en galego). Cando a Garda Civil o viu, perseguiunos e metérono en prisión, xunto con José Miguel (Txemi) de la Fuente Zubiaga, Rodolfo Sampelayo Menchaca e Francisco Javier Calzada Euba.

Foi detido pola Garda Civil o 7 de marzo de 1975[2] e foi torturado[3], tivo que ser levado ao hospital por iso. Mentres estaba detido e en prisión, o seu avogado foi Xabier Arzalluz, político guipuscoano e presidente do PNV, foi ao cárcere a por o e levou o seu defensa.

Trece detenidos por actividad subversiva.

Bilbao, 18. (Europa Press.). Trece personas han sido detenidas en Vizcaya por la Guardia Civil como presuntos autores de varias pintadas subversivas aparecidas en los Municipios vizcaínos de Valmaseda, Zalla, Sodupe y Alonsotegui, así como a los asistentes a una pretendida reunión de caracter ilegal celebrada en una localidad próxima a Bilbao.

La Guardia Civil inició sus gestiones a raíz de conocer el pasado día 8 se habían realizado pintadas de carácter subversivo en diferentes puntos de Vizcaya. Los presuntos autores habían huído en un turismo Simca 1.200, ... , que fue localizado e identificado por su propietario Santos Gauna Larriñaga, vecino de Sodupe, quien fue trasladado a la Comandancia de la Guardia Civil, donde -dicen fuentes policiales- facilitó la identidad de sus acompañantes: José Miguel de la Fuente Zubiaga, natural de Aranguren (Vizcaya), soltero; Rodolfo Sampelayo Menchaca, natural de Sodupe, soltero y administrativo; Arturo Alcoceba Isusi, natural de Sodupe, soltero, electricista; Francisco Javier Calzada Euba, natural de Sodupe, soltero, deliante, todos ellos con edades de alrederdor de 25 años.

Los interesados confirmaron que, hace unos tres meses, celebraron una reunión en un caserío abandonado, en un barrio del Municipio vizcaíno de Gueñes.

El pasado día 11 se detuvo a tres de los asistentes a la reunión, y el día 13, a los restantes. Todos ellos, al igual que los citados anteriormente, han pasado, con las diligencias practicadas, a disposición del Juzgado de Instruccion número 1, de Bilbao, junto con el vehículo intervenido.
Periódico ABC, 19 de marzo de 1975 (Pág. 46)

..

Actividade política[editar | editar a fonte]

Estivo desde mozo afiliado ao Partido Nacionalista Vasco e en 1977 fundou, xunto a outros amigos, o Batzoki de Güeñes (é socio fundador), cando acabou o Franquismo e a súa creación empezou a ser legal. Foi membro da executiva municipal do PNV de Güeñes e tamén o seu presidente, indo nas listas electorais en moitas ocasións.

Defendeu sempre o sector soberanista e independentista do PNV. En 1980 Alcoceba e outros amigos presentaron unhas emendas no Batzoki de Güeñes, relativas ao Batzoki e ao partido. Todo iso creou moitísimo conflito no PNV nacional e Xabier Arzalluz, que xa era presidente do PNV, e foi ata o Batzoki de Güeñes e despois de días de discusión expulsoulles do Batzoki.

Ese ano, en 1980, Alcoceba e os expulsados crearon o Jator Enea Kultur Alkartea (en galego, Asociación cultural Jator Enea) en Güeñes[4], comprando para iso unha taberna, para poder ter un lugar para realizar as actividades propostas no Batzoki (eventos culturais, danzas vascas...) e para poder ter un lugar de reunión político.

A creación do partido Eusko Alkartasuna en 1986 tivo gran importancia en Güeñes e na taberna "Jator Enea" discutiuse se incluírse en EA ou non, tendo iso tamén importancia no Eusko Alkartasuna nacional e afectando ao por aquel entón presidente Carlos Garaikoetxea.

Traballou desde moi novo no diario Deia con Kepa Intxaurbe e Iñaki González (actual director de Deia) e alí tamén tivo como compañeiro e amigo a Andoni Ortuzar.

Cando se creou Eusko Alkartasuna en 1986 a dirección do xornal Gaur Express (1988-1989) próxima a EA, ofreceulle traballo como xornalista no diario, pero o o rexeitou e quedo no diario Deia.

Esta moi ligado ao movemento das ikastolas e foi un dos impulsores da ikastola Asti- Leku, para ter un referente de euskaldunización en Biscaia, sendo compañeiro e amigo do primeiro director da ikastola, Ruper Ormaza.

Por defender o sector soberanista e independentista do PNV e ser crítico co partido, foi expulsado del. Alcoceba tamén foi defensor do Plan Ibarretxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ABC (Madrid) - 19/03/1975, p. 46 - ABC.es Hemeroteca". hemeroteca.abc.es. Consultado o 2019-02-22. 
  2. "Euskal Memoria:-Euskal Memoriako blogak". www.euskalmemoria.eus. Consultado o 2019-02-22. 
  3. "Euskal Memoria:-Euskal Memoriako blogak". www.euskalmemoria.eus. Consultado o 2019-02-22. 
  4. "JATOR ENEA KULTUR KIROL ALKARTEA". www.euskadi.eus (en castelán). 2011-10-21. Consultado o 2019-02-22.