Luis Laiseka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Laiseka
Nome orixinal(eu) Luis Laiseka Urrutia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Luis Fernando Laiseka Urrutia Editar o valor em Wikidata
1948 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Güeñes, España Editar o valor em Wikidata
Secretario Xeral Euskal Herritarrok, Güeñes
1998 – 2003
Concelleiro Concello de Güeñes
1995 – 2007
Circunscrición electoral: Güeñes

Portavoz Herri Batasuna, Euskal Herritarrok, Concello de Güeñes
1995 – 2007
Secretario Xeral Herri Batasuna, Güeñes
1986 – 1998
Fundador Herriko Taberna, Güeñes
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGüeñes Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaSocialismo, Nacionalismo vasco, feminismo, Progresismo, Anticapitalismo, Independentismo e esquerda abertzale Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuskal Herria Bildu (2012–)
Sortu (2011–)
Euskal Herritarrok (1998–2003)
Herri Batasuna (1978–2001)
Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca (1964–2008) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaquita Alcoceba
FillosZiortza Laiseka, Maider Laiseka Editar o valor em Wikidata
ParentesArturo Alcoceba (cuñado)
Isabelita Alcoceba (cuñada)
Lander Alcoceba (cuñado) Editar o valor em Wikidata

Luis Fernando Laiseka Urrutia (Sodupe, Gueñes, 1948), coñecido como Luis Laiseka, é un coñecido político vasco de ideoloxía independentista vasca, concelleiro do Concello de Güeñes e ex secretario xeral de HB e EH, entre outros cargos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luis Laiseka naceu en Sodupe en 1948. Cando era novo, en 1968, foi detido pola Garda Civil e foi torturado[1]. Polas circunstacias sociais, decidiu involucrarse na política.

Desde mozo afiliouse a Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV). Foi cabeza de lista e candidato a alcalde en Güeñes nas eleccións do 28 de maio de 1995 polo partido político Herri Batasuna[2]. O partido obtivo 2 concelleiros e el exerceu de concelleiro, de líder da oposición e de Portavoz do grupo municipal Herri Batasuna no Concello de Güeñes e tamén foi o secretario xeral de Herri Batasuna en Güeñes.[3]

Nas seguintes eleccións, nas eleccións municipais do 13 de xuño de 1999, despois de que HB fose ilegalizada, Laiseka foi cabeza de lista e candidato a alcalde en Güeñes polo partido político Euskal Herritarrok, o cal volveu obter 2 concelleiros e Luís Laiseka volveu ser concelleiro, líder da oposición e Portavoz do grupo municipal EH no Concello de Güeñes e tamén foi o secretario xeral de EH en Güeñes.[4] Laiseka tamén foi candidato a juntero ás Xuntas Xerais de Biscaia.

En 2003, como o partido político Euskal Herritarrok foi disolto e o Tribunal Supremo ilegalizó os partidos políticos Herri Batasuna e Batasuna[5][6], Laiseka e outros veciños de Güeñes promoveron candidaturas populares municipais. No caso de Güeñes presentáronse baixo a candidatura Güeñesko Abertzale Sozialistak (en galego, Socialistas Nacionalistas de Güeñes), GUAS, ás eleccións municipais de España de 2003, onde se presentaron diferentes persoas independentes, entre elas, a súa filla Ziortza Laiseka Alcoceba.[7]

Laiseka tamén fundou xunto con outros a coñecida asociación cultural e recreativa de Güeñes Herriko Geltokia (en galego, a estación do pobo), a cal preside, fundando a Herriko Taberna[8][9]. En 2015 o Tribunal Supremo incluíuna nas listas de Herriko Tabernas que se deben clausurar.[10]

Está casado con Paquita Alcoceba, política e activista vasca, representante de Gure Esku Dago e unha dos fundadores de Gure Esku Dago Güeñes[11][12], e o seu cuñado é Arturo Alcoceba, coñecido xornalista e activista do País Vasco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Euskal Memoria:-Euskal Memoriako blogak". www.euskalmemoria.eus. Consultado o 2019-01-17. 
  2. "Boletín Oficial de Bizkaia, eleccións municipais do 28 de maio de 1995, candidatos." (PDF). 
  3. "Xunta Electoral Central, resultados electorais das eleccións do 28 de maio de 1995 de municipios." (PDF). 
  4. "Xunta Electoral Central, resultados electorais das eleccións do 13 de xuño de 1999 de municipio." (PDF). 
  5. AGENCIAS (2003-03-17). "El Supremo ilegaliza Batasuna por unanimidad". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-01-17. 
  6. País, Ediciones El (2003-03-18). "El Supremo ilegaliza a Batasuna". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-01-17. 
  7. "Boletín Oficial de Bizkaia, eleccións municipais do 27 de maio de 2007, candidatos." (PDF). 
  8. "Ayuntamiento de Güeñes - Herriko Geltoki Kultur Elkartea". www.guenes.eus. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 2019-01-17. 
  9. "CULTURAL Y RECREATIVA HERRIKO GELTOKIA KULTUR ELKARTEA". www.euskadi.eus (en éuscaro). 2011-10-21. Consultado o 2019-01-17. 
  10. "STS 338-2015, 2 de Junio de 2015". vLex (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 2019-01-17. 
  11. "Xunta de Goberno Local do Concello de Güeñes do 9 de maio de 2016." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xaneiro de 2019. 
  12. "Gobierno Vasco, Asociación Gure Esku Dago polo Dereito para Decidir.". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019.