Andoni Ortuzar
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Andoni Ortuzar | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de xullo de 1962 |
Lugar de nacemento | Abanto y Ciérbana-Abanto Zierbena |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade do País Vasco |
Ocupación | político e xornalista |
Fillos | Garazi Ortuzar |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andoni Ortuzar Arruabarrena (Abanto Zierbena, 13 de xullo de 1962), é un xornalista e político español pertencente ao Partido Nacionalista Vasco (PNV), ex director de EITB, exmembro do Parlamento Vasco e presidente do PNV.
Biografía[editar | editar a fonte]
Andoni Ortuzar naceu o 13 de xullo de 1962 na localidade biscaíña de Sanfuentes, Abanto Zierbena, na Zona Mineira (Biscaia). Estudou Ciencias da Información, rama xornalismo, na Universidade do País Vasco. Cando acabou a carreira entrou como redactor en Radio Popular de Bilbao e, posteriormente, en 1981 no diario Deia onde se mantivo ata 1987. En Deia foi responsable das Seccións de Laboral e Euskadi-Política. Militante do sindicato ELA pertenceu ao comité de empresa dese medio chegando a ser presidente do mesmo.[1][2]
Actividade política[editar | editar a fonte]
En setembro de 1987 abandonou Deia e incorporouse ao Departamento de Presidencia, Xustiza e Desenvolvemento do Goberno Vasco como asesor encargándose da xefatura de prensa e das relacións internacionais. En febreiro de 1991 foi nomeado Asesor de Comunicación e Difusión na Secretaría da Presidencia e asignado á entón recentemente creada Secretaría Xeral de Acción Exterior. Desde 1992 desempeñou o posto de Coordinador desta Secretaría, con responsabilidades directas na preparación de misións institucionais vascas ao exterior e a programación das visitas oficiais a Euskadi de personalidades e mandatarios estranxeiros.
En xaneiro de 1995, dentro dun novo gabinete de goberno, ocupou o posto de Secretario Xeral de Acción Exterior, baixo a dependencia directa do lehendakari.
Tivo tamén as responsabilidades de Presidente do Consello Asesor Vasco de Cooperación ao Desenvolvemento, Vicepresidente do Consello Asesor coas Colectividades Vascas e membro da Comisión Bilateral Euskadi-Estado para Asuntos Europeos.
En xullo de 1999 é nomeado director xeral de EITB (a radio e televisión pública vasca), cargo que mantivo ata xaneiro de 2008 cando foi nomeado presidente do Bizkai Buru Batzar do PNV, o órgano de dirección dese partido en Biscaia, en substitución de Iñigo Urkullu.
En marzo de 2009 recolle a acta de membro do grupo parlamentario Euzko Abertzaleak-Nacionalistas Vascos no Parlamento Vasco, cargo que ocupa ata o 31 de xaneiro de 2012.
O 12 de xaneiro de 2013 é elixido Presidente do Euskadi Buru Batzar do PNV, cargo que revalidou no marco da Asemblea Xeral do PNV celebrada en Iruña os días 13 e 14 de febreiro de 2016.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Batzar, Euzkadi Buru. "Gure Burukideak: Andoni Ortuzar Arruabarrena". www.eaj-pnv.eus (en castelán). Consultado o 2019-01-18.
- ↑ "Andoni Ortuzar - Noticias, reportajes, vídeos y fotografías". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-18.