Ikastola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ikastola Armentia, en Gasteiz.

Unha ikastola é un tipo de escola que dá ensino integral en éuscaro e está presente en todo Euskal Herria (maioritariamente no País Vasco, tamén presente en Navarra e en Iparralde[1]).

  • No País Vasco, a maioría das ikastolas están integradas na rede pública e o resto funcionan como colexios privados concertados.
  • En Navarra, as ikastolas integradas na rede pública son unicamente as pertencentes ás zonas vascófona e mixta e o resto son privadas ou concertadas. Nesta comunidade, debido á zonificación territorial lingüística, pese a que no centro e norte da Comunidade Foral o éuscaro ten a consideración legal de idioma cooficial xunto co castelán, as ikastolas da zona media e sur eran consideradas como "alegais" polo Goberno de Navarra, tendo sido regularizada a súa situación en febreiro de 2007.
  • No País Vasco francés o éuscaro non é idioma oficial aínda que se permite o seu ensino en ikastolas privadas.

Festa da Ikastola[editar | editar a fonte]

En cada territorio histórico, anualmente faise unha festa multitudinaria destinada a conseguir fondos para axudar economicamente ás ikastolas organizadoras, ou para sufragar a creación de novas ikastolas :

Historia[editar | editar a fonte]

En 1914 fundouse a primeira ikastola. En 1932 creouse a primeira asociación de ikastolas.

Elbira Zipitria.

A guerra civil española supuso a desaparición das ikastolas, polo que algúns grupos de pais ensinaron clandestinamente éuscaro ós seus fillos, destacando como pioneira nesta labor Elbira Zipitria (1906-1982), que desde 1943 impartiu clases na súa propia casa de Donostia.[4] [5]

A partir de 1960 e até 1975, deuse o gran crecemento das ikastolas. En 1964 creouse a primeira ikastola no País Vasco francés e en 1965 foi excepcionalmente legalizada unha ikastola en Bilbao .

En 1968 un Decreto constata a realidade da existencia de "numerosos nenos inscritos en centros non autorizados" e de "varios milleiros de nenos que asisten a centros que escapan de todo control". Ditos alumnos non podían obter o "Libro de Escolaridade" polo que tiñan vetado o acceso a estudos medios e superiores, polo que as asociacións de pais conseguiron o apoio da Igrexa legalizándose as ikastolas baixo a responsabilidade das parroquias e ordes relixiosas, constituíndose ademais algunhas como centros privados legais. En dito ano produciuse un feito de enorme importancia para o idioma vasco, pois procedeuse á súa unificación e normalización lingüística.

En 1969 fundouse a Federación Diocesana de Ikastolas converténdose coa chegada da democracia en 1978 nunha federación secular.

En outubro de 1980, a Conselleiría de Educación do Goberno Vasco firmou co Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) o Convenio de Ikastolas regulándose así 1.738 aulas no País Vasco.

Federación[editar | editar a fonte]

As ikastolas teñen un carácter autónomo e colaboran entre si a través das federacións de ikastolas. A Confederación de Ikastolas traballa a través de cinco federacións.

  • Federación de Ikastolas de Álava, para a provincia de Álava.
  • Federación de Ikastolas de Biscaia, para a provincia de Biscaia.
  • Federación de Ikastolas de Guipúscoa, para a provincia de Guipúscoa.
  • Federación de Ikastolas de Navarra, para a comunidade foral de Navarra.
  • Seaska, federación de ikastolas de Iparralde.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2007. Consultado o 06 de abril de 2007. 
  3. [2][Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]