Arquivos Entomolóxicos Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arquivos Entomolóxicos Galegos
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Arquivos Entomolóxicos Galegos (AEGA) é unha revista online gratuíta na que se recollen traballos, recensións e comentarios relacionados coa entomoloxía en calquera dos seus aspectos. Publicada por AEGA, ten a súa sede na Coruña.

Estrutura orgánica[editar | editar a fonte]

Os seus editores son Fernando Prieto Piloña e Javier Pérez Valcárcel, e o seu comité editor actual (novembro de 2014) está formado por:

Actualmente deposítanse copias desta revista, en CD, na Universidade de Santiago de Compostela, a hemeroteca da Deputación de Pontevedra, a CosmoCaixa Barcelona (Museo de Ciencias de Barcelona), o Centro Superior Bibliográfico de Galicia Xosé Filgueira Valverde, e a Biblioteca Nacional de España. Ademais, todos os seus contidos están dispoñíbeis online en www.aegaweb.com, www.biotaxa.org, www.archive.org, ResearchGate e DIALNET, así como indexados por Zoological Record, LATINDEX e ICYT (CSIC).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Asociación Entomolóxica Galega[editar | editar a fonte]

Fundada no 2009, o seu labor en realidade data de hai 15 xa que o seu labor é continuación do desenvolvido pola Asociación Entomolóxica Galega Luis Iglesias (AEGA),[2] como a asociación científico-cultural sen ánimo de lucro, que agrupa e serve de medio de expresión a todas aquelas persoas e institucións interesadas na fauna entomolóxica de Galicia, cuxo ámbito de actuación se centra en Galicia, pero que está tamén aberta, por razóns xeográficas e culturais ás provincias limítrofes tanto do resto de España como de Portugal. O propósito da AEGA é o estudo da entomoloxía en sentido amplo, con especial fincapé na sistemática e faunística de artrópodos. Xunto ao seu labor científico ofrece asesoramento ás ONGs e organismos públicos que así o desexen, especialmente no que se refire á protección dos invertebrados e á educación ambiental.[3]

Cincuenta novas especies[editar | editar a fonte]

En tan curta existencia, e nos dez número aparecidos até o día de hoxe (máis un monográfico) na revista publicáronse uns 260 artigos orixinais de 148 autores de 18 países de todo o mundo, o que explica a relevancia que adquiriu esta revista dixital galega, das poucas que funcionan en España. Entre outros, figuran as descricións de 50 especies novas para a ciencia. Segudo admite o seu director, Fernando Prieto, «nunca pensara que entomólogos estranxeiros puideran fixarse neste proxecto orixinado en Galicia» Nun recente artigo, do 3 de novembro de 2014 (que verá a luz no próximo número a final de decembro), descríbese unha nova especie de coleóptero suramericano, Oxyletum nairoi, da familia dos sílfidos (Silphidae), froito do traballo do entomólogo galego Javier Pérez Valcárcel co colombiano Germán Amat-García.[4]

Os dous últimos insectos galegos[editar | editar a fonte]

As dúas últimas especies de insectos galegos descubertas até novembro de 2014 son:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Web da AEGA.
  2. Non é casual que a sigla AEGA representa tanto á Asociación Entomolóxica Galega como á revista Arquivos Entomolóxicops Galegos.
  3. Web da Asociación Entomolóxica Galega.
  4. 4,0 4,1 4,2 Halladas en Galicia dos especies de insectos nuevas para la ciencia Diario La Voz de Galicia, 15-11-2014.
  5. Curriculim vitae de Julio Ferrer Arquivado 20 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en TENEBRIONIDAE Latreille, 1802 Arquivado 24 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]