Arquidiocese católica latina de Esmirna
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 205.830 (1950) | ||||
Lingua usada | lingua turca | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía 1346: Archdiocese of Smirne (en) 1625: Vicariate Apostolic of Smirne (en) 18 de marzo de 1818: Arquidiocese católica latina de Esmirna | |||||
Catedral | St. John's Cathedral (en) | ||||
Sitio web | bistummainz.de… |
A arquidiocese de Esmirna (en latín: Archidioecesis Smyrnensis) é unha sé metropolitana católica latina en Turquía. En 2006 tiña xurisdición sobre arredor 1.950 bautizados. O seu arcebispo actual é o franciscano Martin Kmetec.
Historia
[editar | editar a fonte]O cristianismo foi predicado aos habitantes de Esmirna moi cedo, e xa no ano 93 existía unha comunidade cristiá guiada por un bispo para quen o apóstolo Xoán tiña palabras de eloxio.[1] Consérvanse dúas cartas escritas no século II por san Ignacio de Antioquía aos cristiáns de Esmirna e ao seu bispo Policarpo.
A antiga sé (non latina), inicialmente sufragánea da arquidiocese de Éfeso, arredor do século IX foi elevada ao rango de sé metropolitana, con cinco dioceses sufragáneas: Focea, Magnesia ad Sypilum, Clazomenae, Arcangelo e Petra.
Na época das Cruzadas, en 1318 foi elixido bispo de Esmirna Guillaume Adam, dominico francés que volvía dunha misión en Persia.
A sé latina de Esmirna foi erixida canonicamente polo papa Clemente VI en 1346, e tivo unha serie ininterrompida de arcebispos titulares até o século XVII. Isto foi o principio da vigairía apostólica de Asia Menor ou de Esmirna.
En 1625 os católicos de Esmirna non superaban os 65 fieis, e a antiga catedral, dedicada a San Policarpo, fora transformada en mesquita polos Turcos. Unha nova catedral, dedicada á Virxe, foi construída polos venecianos.
A arquidiocese, dende 1659 vigairía apostólica, foi restabelecida polo papa Pío VII o 18 de marzo de 1818 coa bula Apostolatus officium. A sé non ten ninguna sufragánea.
O 20 de agosto de 1931 cedeu a illa de Lesbos á diocese de Quíos.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue as seguintes provincias de Turquía: Esmirna, Manisa, Kütahya, Uşak, Aydın, Denizli, Muğla, Afyonkarahisar, Isparta, Burdur, Adalia e Konya. O territorio está dividido en 10 parroquias.
A sé arcebispal é a cidade de Esmirna, onde se atopa a catedral de San Xoán. No territorio da arquidiocese está a antiga cidade de Éfeso, e nela a Casa da Virxe María, a poucos quilómetros da cidade de Selçuk. Outro lugar de peregrinación son o bosque de san Xoán, unha igrexa que leva o seu nome, e a prisión onde foi confinado san Paulo.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Vigairos apostólicos de Asia Menor e Arcebispos de Esmirna
[editar | editar a fonte]Os vigairos apostólicos de Asia Menor, co título de "arcebispos de Esmirna" (sé titular) foron os seguintes:[2]
- Pietro de Marchi (Demarchis, de Marchis) (19 de febreiro de 1625 - 13 de xullo de 1648, finado)
- Giacinto Subiani (13 de xullo de 1648 - 5 de marzo de 1652, nomeado vigairo apostólico de Costantinopla)
- Leone Macripodari (5 de abril de 1659 - 1689, renuncia)
- Antonio Giustiniani (13 de xaneiro de 1690 - 8 de febreiro de 1694, nomeado bispo de Siros)
- Sé vacante (1694 - 1696)
- Daniele Duranti (1696 - 1706, administrador apostólico)
- Nicola de Camillis (12 de maio de 1706 - 7 de maio de 1710, nomeado bispo de Siros)
- Daniele Duranti (1710 - 1713, administrador apostólico)
- Davide di San Carlo (David Daud) (23 de novembro de 1713 - 18 de abril de 1715, finado)
- Filippo Bavestrelli (9 de agosto de 1715 - 30 de setembro de 1720, nomeado bispo de Quíos)
- Pietro Battista Mauri (9 de abril de 1718 - 15 de xuño de 1720, nomeado arcebispo titular de Cartago)
- Pietro Francesco Lombardi (30 de agosto de 1720 - 5 de xullo de 1721, nomeado bispo titular de Talia)
- Antonio Maturi (15 de abril de 1722 - 21 de maio de 1731, nomeado bispo de Siros)
- Dario de Longhis (2 de setembro de 1730 - 25 de maio de 1735, nomeado bispo de Siros)
- Gerolamo di Peraino (5 de febreiro de 1735 - 1747, renuncia)
- Giovanni Battista Bavestrelli (12 de maio de 1747 - 16 de setembro de 1754, nomeado bispo de Quíos)
- Eusebio Franzosini (20 de decembro de 1754 - 1763, renuncia)
- Domenico di Valdagno (26 de agosto de 1763 - 1779, renuncia)
- Pietro Graveri di Moretta (23 de decembro de 1779 - 17 de agosto de 1781, renuncia)
- Giulio Maria Pecori (18 de agosto de 1781 - 23 de setembro de 1788, nomeado bispo titular de Arad)
- Pasquale Orlandini (16 de abril de 1790 - 26 de xuño de 1817, finado)
- Luigi Maria Cardelli (26 de xuño de 1817 - 1818, sé elevada a arquidiocese)
Arcebispos de Esmirna
[editar | editar a fonte]Dende o restabelecemento da arquidiocese, os arcebispos teñen sido os seguintes:[3]
- Luigi Maria Cardelli (18 de marzo de 1818 - 29 de agosto de 1832, renuncia)
- Pierre-Dominique-Marcellin Bonamie (13 de febreiro de 1835 - 24 de novembro de 1837, nomeado arcebispo titular de Calcedonia)
- Antonio Mussabini (6 de marzo de 1838 - 4 de maio de 1861, finado)
- Vincent Spaccapietra (8 de abril de 1862 - 25 de novembro de 1878, finado)
- Andrea Policarpo Timoni (13 de maio de 1879 - 25 de xullo de 1904, finado)
- Domenico Raffaele Francesco Marengo (25 de xullo de 1904 - 12 de maio de 1909, finado)
- Giovanni Antonio Zucchetti (22 de decembro de 1909 - 26 de xaneiro de 1920, retirado)
- Giovanni Battista Federico Vallega (26 de xaneiro de 1921 - 1 de marzo de 1929, renuncia)
- Edoardo Tonna (26 de novembro de 1929 - 3 de decembro de 1937, renuncia)
- Joseph Emmanuel Descuffi (3 de decembro de 1937 - 4 de novembro de 1965, retirado)
- Alfred Cuthbert Gumbinger (4 de novembro de 1965 - 31 de agosto de 1966, finado)
- Giovanni Enrico Boccella (9 de setembro de 1967 - 7 de decembro de 1978, renuncia)
- Domenico Caloyera (7 de decembro de 1978 - 22 de xaneiro de 1983, renuncia)
- Giuseppe Germano Bernardini (22 de xaneiro de 1983 - 11 de outubro de 2004, retirado)
- Ruggero Franceschini (11 de outubro de 2004 - 7 de novembro de 2015, retirado)
- Lorenzo Piretto (7 de novembro de 2015 - 8 de decembro de 2020, retirado)
- Martin Kmetec, O.F.M. (dende o 8 de decembro de 2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ap 1, 11 e Ap 2, 8-11.
- ↑ Pontificium Institutum Orientalium Studiorum (1935). Orientalia christiana periodica 1. p. 466.
- ↑ Datos do Annuario Pontificio, en Catholic-Hierarchy.org (en inglés)