Arquieparquía católica armenia de Istambul
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Turquía | |||
Provincia | provincia de Istambul | |||
Área metropolitana | Istambul | |||
Poboación | ||||
Poboación | 32.000.000 (1970) (40,84 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua turca | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 783.562 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1830 | |||
Catedral | St. Mary of Sakızağaç Cathedral (en) | |||
A arquieparquía de Istambul, tamén chamada arquidiocese de Constantinopla, é unha eparquía que atende aos católicos de rito armenio en Turquía. Foi orixinialmente creada en 1830, e posteriormente unida ao Patriarcado de Cilicia en 1866. En 1928, cando a sé patriarcal foi movida a Beirut, a actual arquieparquía foi restablecida, o 15 de outubro de 1928.[1] O arcebispo actual é Boghos Levon Zekiyan. En 2008 había arredor de 3.650 católicos de rito armenio pertencentes á diocese.
Territorio[editar | editar a fonte]
A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis católicos armenios de Turquía. A comunidade católica armenia se concentra especialmente en Istambul, onde viven arredor de 3.000 fieis, herdeiros dunha colonia moito máis numerosa no pasado. Outros grupos máis pequenos existen en Ancara e Mardin.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
En 1830 foi erixida a arquieparquía de Constantinopla. Até a unión coa sé patriarcal, os arcebispos foron os seguintes:
- Anton Nowrichean (1830 - 1838)
- Poghos Marowshean (1838 - 1846)
- Anton Hasownean (1846 - 1866)
En 1866 a sé foi unida ao Patriarcado de Cilicia, dende entón os patriarcas foron os seguintes:
- Antón Pedro IX Hasownean (1866 - xuño de 1881)
- Estevo Pedro X Azarean (4 de agosto de 1881 - 1 de maio de 1899)
- Paulo Pedro XI Emmanowelean (14 de decembro de 1899 - 18 de abril de 1904)
- Paulo Pedro XII Sappaghean (14 de novembro de 1904 - 1910)
- Paulo Pedro XIII Terzean (23 de abril de 1910 - 1928, seguiu a ser patriarca até 1931)
En 1928, o patriarcado foi trasladado a Beirut, e a sé foi restablecida:
- Hovsep Rokossian (1 de xullo de 1928 - 8 de xuño de 1931, finado)
- Vahan Kitchourian (8 de xuño de 1931 - 28 de marzo de 1936, finado)
- Paul Kiredjian (28 de marzo de 1936 - 20 de abril de 1965)
- Hovhannes Tcholakian (16 de xaneiro de 1967 - 21 de marzo de 2015)
- Boghos Levon Zekiyan (21 de marzo de 2015 - actualidade)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Eparchy of Constantinople (Turkey) of the Patriarchal Armenian Catholic Church". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 9 de agosto de 2013.