Lorenzo Piretto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de decembro de 1942 Mazzè, Italia (pt) |
| Arcebispo católico latino de Esmirna | |
| 19 de decembro de 2015 – 8 de decembro de 2020 ← Ruggero Franceschini – Martin Kmetec (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Boloña Universidade de Turín |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2015–), sacerdote católico (1966–), xornalista |
| Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
| Consagración | Lévon Zékian (en) |
Lorenzo Piretto, nado en Mazzè (provincia de Turín, Italia) o 15 de decembro de 1942, é un arcebispo católico italiano e relixioso dominicano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou moi novo na Orde dos Predicadores, e foi ordenado sacerdote desta orde o 4 de agosto de 1966.
Obtivo a licenza en teoloxía na Universidade de Boloña en 1967 e o doutoramento en teoloxía na Universidade de Turín en 1972. Dende 1967 ata 1974 foi profesor de filosofía no seminario dominicano de Chieri e dende 1983 ata 2005 foi profesor de lingua italiana na Universidade de Marmara preto de Istanbul.
É xornalista na revista Présence, e dende 2014, párroco na igrexa dos santos Pedro e Paulo en Istanbul.
O 7 de novembro de 2015 [1] foi nomeado arcebispo de Esmirna, e consagrado o 20 de decembro polo arquieparca católico armenio de Istanbul Boghos Lévon Zékiyan.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rinuncia dell'Arcivescovo di Izmir (Turchia) e nomina del successore
- ↑ "Fr. Lorenzo Piretto OP, new bishop of Izmir, Turkey". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2015.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Ruggero Franceschini |
Arcebispo de Esmirna 2015 - actualidade |
Sucesor: actualidade |