Vigairía apostólica católica latina de Anatolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vigairía apostólica de Anatolia
Datos xerais
Erixida13 de marzo de 1845; restabelecida o 20 de xuño de 1931
LocalizaciónTurquía
Información
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
Vigairo apostólicoPaolo Bizzeti
Outros datos
Páxina webwww.anadolukatolikkilisesi.org

A vigairía apostólica de Anatolia (en latín: Vicariatus Apostolicus Anatoliensis) é unha sé da Igrexa católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2004 contaba con 4.550 bautizados. A sé estivo vacante dende o asasinado do seu vigairo en 2010 até o nomeamento dun novo vigairo en 2015, Paolo Bizzeti.

Territorio[editar | editar a fonte]

A vigairía apostólica ten xurisdición sobre a parte centro-oriental da rexión de Anatolia. A sé do vigairo é a cidade de Alexandreta, onde está a catedral da Anunciación. En Mersin está unha concatedral, dedicada a san Antonio de Padua. O territorio está ividido en 8 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 13 de marzo de 1845 foi erixida a prefectura apostólica de Trebisonda, en territorios da vigairía apostólica de Constantinopla. O territorio foi confiado ao coidado dos freires capuchinos, e comprendía a zona da costa do Mar Negro, na Anatolia central-oriental. Porén, o 12 de setembro de 1896 a prefectura apostólica foi suprimida, e o seu territorio incorporado novamente á vigairía de Constantinopla.

O 20 de xuño de 1931 co breve Quae ad christiani de Pío XI as dúas circunscricións foron novamente separadas, e nesta ocasión foi creada a misión sui iuris de Trebisonda, inmediatamente suxeita a Propaganda Fide, e que abranguía aproximadamente o mesmo territorio da prefectura apostólica precedente.

O 30 de novembro de 1990, co decreto Quo melius da Congregación para as Igrexas Orientais, a misión sui iuris foi elevada a vigairía apostólica, incorporando a parte centro-meridional de Anatolia e tomando o seu nome actual. A sé do vigairo foi até o 29 de xuño de 2000 a cidade de Mersin, transferida entón a Alexandreta.

O 3 de xuño de 2010 o vigairo apostólico Luigi Padovese foi asasinado polo seu condutor.[1]

Lista de vigairos[editar | editar a fonte]

En 1845 foi erixida a vigairía orixinal, sendo os seus ordinarios os seguintes:

En 1896 a sé foi suprimida, mais en 1931 foi restabelecida, sendo dende entón os seus ordinarios os seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]