Arne Næss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arne Dekke Eide Næss
Arne Næss, 2003 (cropped).jpg
Næss sentado ao fondo no 2003.
Arne Næss - Ἀριστοτέλης
NacementoOslo, 27 de xaneiro de 1912
Morte12 de xaneiro de 2009
FilosofíaEcoloxista
Intereses principaisEcoloxía, natureza, sendeirismo, escalada.
Ideas salientablesEcoloxía profunda
InfluenciasBaruch Spinoza, Mahatma Gandhi e o budismo
Influente enCase todas as asociacións ecoloxistas actuais

Arne Dekke Eide Næss, nado en Oslo o 27 de xaneiro de 1912 e finado o 12 de xaneiro de 2009, fundador da ecoloxía profunda, foi un filósofo noruegués, sendo o catedrático máis novo en impartir clase na Universidade de Oslo, cargo que exerceu ininterrompidamente dende 1939 a 1970.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai foi maior do exército alemán e a súa nai era norueguesa. No plano sentimental, sucedéronse os matrimonios con mulleres como a sueca Filippa Kumlin d'Orey, a actriz norueguesa Mari Maurstad e a cantante de pop Diana Ross. Naess deixou sete fillos trala súa morte.

Diplomouse en filosofía en 1933 antes de continuar os seus estudos en París e Viena. Con 27 anos comezou a impartir clase na universidade de Oslo. En 1970, encadeouse, xunto a outras 300 persoas, para impedir a construción dunha presa cerca da cascada de Mardalsfossen, ao norte do país, o que provocou o abandono do proxecto. Fundou en 1973 coa "ecoloxía profunda" un pensamento ecolóxico que concede máxima prioridade ao coidado do planeta, o medio ambiente, a preservación dos sistemas ecolóxicos e as especies en perigo de extinción. Segundo expoñía, todos os seres vivos teñen o mesmo valor. Estaba a favor da loita pola preservación do planeta en manifestacións e tamén infrinxindo a lei.

No seu pensamento filosófico influíron sobre todo Baruch Spinoza, Mahatma Gandhi e o budismo. Naess desenvolveu ademais seis regras para os debates xustos suxeitos á materia en cuestión sen ataques persoais. "A ecoloxía profunda é un movemento segundo o cal non se fai o ben polo planeta en interese do ser humano, senón polo planeta en si mesmo", declarou Naess nunha entrevista publicada na web da Universidade de Oslo. Alpinista e sendeirista apaixonado, formou parte en 1950 do primeiro equipo en acadar a cima do Tirich Mir (7.708m), en Paquistán.

Naess publicou cerca de 30 libros e numerosos artigos. O seu último libro, editado xunto con Henrik B. Tschudi, foi publicado en xaneiro de 2007 con motivo do 95 aniversario do pensador.

Filosofía[editar | editar a fonte]

A ecoloxía profunda ou Deep Ecology Movement[editar | editar a fonte]

“Unha drástica redución da poboación do planeta resolvería os problemas ambientais” é o que propón a corrente da Ecoloxía Profunda. "Penso que non necesitaríamos ter máis de mil millóns de persoas para ter a variedade de culturas que tiñamos hai 100 anos", defendía Naess.

A ecoloxía profunda é unha das visións holísticas máis polémicas da relación home-natureza. Esta proposta perfílase como totalmente revolucionaria por apuntar cara unha metafísica, unha epistemoloxía, e unha cosmoloxía novas así como a unha nova ética medio ambiental na relación home-planeta.

Arne Naess caracteriza unha nova filosofía ambiental cos seguintes trazos básicos: Todas as formas de vida sobre a terra (humanas e non humanas) teñen valor intrínseco. A riqueza e diversidade das formas de vida contribúen á realización destes valores, e con elas mesmas, valores. O ser humano non ten dereito a diminuír esta riqueza e diversidade, salvo para satisfacer as “necesidades vitais”.

Esta filosofía profunda cuestiona as raíces do comportamento ético antropocéntrico. De acordo co primeiro principio, cada ser vivo ten dereito á vida. Particularmente o ser humano ten dereito a satisfacer as súas necesidades vitais, pero non a dominar, explotar ou esquilmar outras especies e ecosistemas, precisamente polo valor intrínseco destas. O home debe identificarse coas outras identidades do mundo (os colectivos como especies animais, vexetais, ecosistemas e paisaxes). O desenvolvemento do ego involucra unha nova posibilidade do ser humano, para concibir á natureza como portadora de valor intrínseco, e respectar unha cosmoloxía onde home e natureza sexan un só.

Dentro desta óptica, calquera outro xeito de visualizar a relación home-medio ambiente (fóra da plena identificación mutua como valores intrínsecos) é claramente “reformismo tépedo”, en tanto disfraza uns motivos ou outros para salvagardar egoistamente os intereses humanos. Deste xeito, o antropocentrismo débil ou incluso, o biocentrismo moderado; serían ecoloxías superficiais enfrontadas á ecoloxía profunda que indaga os motivos filosóficos que moven a acción humana para modificar esta praxe.

A ecoloxía profunda nega a existencia de alternativas, asumindo unha metafísica que nega a vontade e a racionalidade humanas como fontes da ética.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Symbolic Logic (1961)
  • Gandhi and Group Conflict (1974)
  • Livsfilosofi, Natur och Kultur

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]