Armand Duplantis
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Competindo para Suecia: | |||
Ouro | Toquio 2020 | Salto con pértiga | |
Campionato Mundial de Atletismo | |||
Prata | Campionato Mundial de Atletismo de 2019 | Salto con pértiga | |
Campionato Europeo de Atletismo | |||
Ouro | Campionato Europeo de Atletismo de 2018 | Salto con pértiga | |
Campionato Mundial de Atletismo Sub-20 | |||
Ouro | Tampere 2018 | Salto con pértiga | |
Bronce | Bydgoszcz 2016 | Salto con pértiga | |
Europeo Júnior | |||
Ouro | Grosseto 2017 | Salto con pértiga | |
Mundial Juvenil | |||
Ouro | Cali 2015 | Salto con pértiga |
Armand Gustav Duplantis, nado en Lafayette, Luisiana o 10 de novembro de 1999 é un atleta sueco de orixe estadounidense especializado na proba de salto con pértega. Amplamente considerado como o mellor saltador con pértega de todos os tempos, ostenta o récord mundial tanto ao aire libre como en pista cuberta (6,25 m e 6,22 respectivamente). e foi dúas veces campión olímpico (2020 e 2024), dúas veces campión do mundo ao aire libre (2022 e 2023), dúas veces campión do mundo en pista cuberta (2022 e 2024), tres veces campión de Europa ao aire libre (2018, 2022 e 2024), unha vez campión de Europa en pista cuberta (2021) e tres veces campión da Diamond League (2021, 2022, 2023).
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]É fillo dun pertiguista estadounidense e dunha heptatleta sueca, nacionalidade esta última baixo a cal compite. Empezou a saltar pértega aos seis anos, animado polo seu pai.[1]
Mentres crecía nunha casa de fala inglesa, Duplantis aprendeu o sueco como segunda lingua.[2] Animado pola súa nai, Duplantis tomou extensas clases de Skype para mellorar a súa fluidez e en 2020 sentiu que entendía a fala nativa e máis rápida moito mellor que no pasado. A súa nai afirmou ao mesmo tempo que, aínda que Duplantis sentía vergonza por falar sueco en público, estaba moi feliz de falar en privado, onde había menos presión.[3][4] En 2021, despois de gañar o ouro olímpico, o seu coñecemento da lingua mellorara ata o punto de que se sentía cómodo facendo entrevistas completas en sueco.[5] No pasado, Duplantis lamentou que mellorar o seu sueco se viu un pouco obstaculizado polo alto nivel de inglés en Suecia, o que leva aos falantes nativos a preferir falar inglés cando falan con el.
No Campionato Mundial Xuvenil de Atletismo de 2015 gañou a medalla de ouro no salto con pértega, cun salto por encima de 5.30 metros, por diante do ucraíno Vladyslav Malykhin (prata tamén con 5.30 metros pero en máis intentos) e o grego Emmanouil Karalís (bronce con 5.20 metros). En 2017 repetiu éxito gañando o ouro no Europeo Sub-20, esta vez sobre 5.65. Xa en categoría absoluta, nos Europeos de Berlín de 2018 levou o ouro cun salto de 6,05 metros.[1]
O 8 de febreiro de 2020 bateu a marca mundial, que estaba en posesión do atleta francés Renaud Lavillenie (6,16), en Torun (Polonia) cunha marca de 6.17 m.[6] Unha semana despois volveu superar a súa marca en Glasgow (Escocia) cunha marca de 6.18 m.[7] En setembro do mesmo ano conseguiu a mellor marca de todos os tempos ao aire libre cun salto de 6,15 m na Golden Gala de Roma, superando os 6,14 m que conseguise Serguéi Bubka en 1994.[8]
O 8 de febreiro de 2020 bateu a marca mundial, que estaba en posesión do atleta francés Renaud Lavillenie (6,16), en Torun (Polonia) cunha marca de 6.17 m.[9] Unha semana despois volveu superar a súa marca en Glasgow (Escocia) cunha marca de 6.18 m.[10] En setembro do mesmo ano conseguiu a mellor marca de todos os tempos ao aire libre cun salto de 6,15 m na Golden Gala de Roma, superando os 6,14 m que conseguise Serguéi Bubka en 1994.[11]
En 2021 proclamouse campión olímpico nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.[12]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Xogos Internacionais
[editar | editar a fonte]Representando a Suecia en salto con pértega
|
---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Bellón, Juanma (12 de agosto de 2018). "Asombroso Duplantis: oro y 6,05 en pértiga con sólo 18 años". Diario AS.
- ↑ "Duplantis inför SM - intervjuas på svenska: "Det känns bra"" (en sueco). Expressen. 7 de agosto de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ Brenning, Patrik (20 de abril de 2020). "Armand Duplantis kan svenska men vågar inte prata" (en sueco). Aftonbladet. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Armand Duplantis om sin svenska: "Mamma vill inte att folk ska snacka skit"". Expressen You Tube Channel. 11 de xuño de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Duplantis efter OS-guldet - i intervju på svenska" (en sueco). Aftonbladet official Youtube channel. 3 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ Justribó, Joan (8 de febreiro de 2020). "Duplantis (6’17) rompe el récord del mundo de Lavillenie en pértiga". Mundo Deportivo.
- ↑ Campos, Tomás (15 de febreiro de 2020). "¡¡Duplantis salta 6,18 metros en Glasgow y vuelve a batir el récord del mundo!!". Marca.
- ↑ Campos, Tomás (17 de setembro de 2020). "¡Duplantis supera los 6,15 al aire libre y borra del libro de los récords a Bubka!". Marca.
- ↑ Justribó, Joan (8 de febreiro de 2020). "Duplantis (6’17) rompe el récord del mundo de Lavillenie en pértiga". Mundo Deportivo.
- ↑ Campos, Tomás (15 de febreiro de 2020). "¡¡Duplantis salta 6,18 metros en Glasgow y vuelve a batir el récord del mundo!!". Marca.
- ↑ Campos, Tomás (17 de setembro de 2020). "¡Duplantis supera los 6,15 al aire libre y borra del libro de los récords a Bubka!". Marca.
- ↑ Riquelme, Gerardo (3 de agosto de 2021). "Armand Duplantis roza el récord mundial en un día soñado". Marca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Armand Duplantis |