Saltar ao contido

Aftonbladet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aftonbladet
 Título
    Aftonbladet (sv) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Aftonbladet (sv) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Composto por
Características
 Formato de xornal
 Lingua
 Ideoloxía política
 Posición política
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
Landsorganisationen i Sverige (1956 - )
Schibsted (1996 - ) Editar o valor en Wikidata
 Matriz
 Ten en propiedade
 Editorial
Datas
 Data de comezo
1830 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
6 de decembro de 1830 Editar o valor en Wikidata
 Periodicidade
1 d Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Sede
 Enderezo
Västra Järnvägsgatan 21, Stockholm Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
Fontes e ligazóns
ISSN1103-9000 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01w5df Editar o valor en Wikidata
OpenAlexS4306500904 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Correo
 Descrito pola fonte
Facebook: aftonbladet Twitter: Aftonbladet Instagram: aftonbladet Youtube: UC7QxZdogxV1gloaOBO02wiw TikTok: aftonbladet Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Sede do xornal en Estocolmo

Aftonbladet (en galego: A Folla da Tarde) é un xornal vespertino sueco, de tendencia socialdemócrata e sensacionalista, con sede en Estocolmo.

Lars Johan Hierta, fundador do Aftonbladet

Fundado en 1830, por Lars Johan Hierta, un influente político sueco e empresario, pronto destacou polas súas críticas ao rei Carlos XIV Xoán. Foi así que o Aftonbladet foi censurado en numerosas ocasións, circulando ás veces co nome de "Det Andra Aftonbladet" (A segunda folla da Tarde) mais mantendo o mesmo estilo, ata ser finalmente autorizado polo rei.[1]

O longo dos seus case douscentos anos de historia, o xornal mantivo diferentes liñas editoriais. Comezou sendo unha cabeceira liberal, para ser logo conservador entre 1890 e 1921.

En 1929, o xornal foi adquirido pola familia Kreuger, vencellada á produción de tabaco. Favorable ao goberno de Per Albin Hanson, primeiro ministro socialdemócrata, en 1932, logo retomou os postulados liberais e durante a segunda guerra mundial, simpatizou co exército alemán ata 1943 por influencia dos intereses nazis.[2]

En 8 de outubro de 1956, a familia Kreuger vendeu o xornal a Confederación Sueca de Sindicatos asumindo unha liña editorial progresista favorable aos socialdemócratas. Logo dunha redución nos números da súa circulación, na década de 1960 ascendería ata unha tiraxe de 507.000 exemplares.

Na década de 1990 o xornal atravesou unha situación de crise que levou a que a Confederación Sueca de Sindicatos vendera o 49.9% do capital social ao grupo de medios de comunicación noruegués Schibsted en 1996, conservando, a central sindical, o control da liña editorial como accionista maioritario. Un ano máis tarde logrou ser o xornal sueco máis vendido polo de superar ao conservador Expressen e a principios do século XXI era o líder de toda a prensa escrita escandinava.[3] É considerado un xornal sensacionalista polos enfoques que fai de determinadas noticias e polo seu énfase nas cuestións deportivas e a prensa do corazón. En 2009, Schibsted mercou o 91% do accionariado, conservando a Confederación Sueca de Sindicatos o 9%.[4]

Ademais do xornal impreso, conta con sitio web do Aftonbladet dende 1994, sendo unha das páxinas máis visitadas de Suecia e ten unha canle de televisión, Aftonbladet TV7.

  1. ↑ ""Aftonbladet" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2007. Consultado o 30 de Julho de 2009.
  2. ↑ Gustafsson, Karl Erik (2010). A History of the Press in Sweden. Nordicom-Sverige. ISBN 978-91-86523-08-4.
  3. ↑ "The press in Sweden" (en inglés). 2004-03-23. Consultado o 2021-08-05.
  4. ↑ "SCHIBSTED SVERIGE BLIR HUVUDÄGARE I AFTONBLADET". Arquivado dende o orixinal o 05-08-2021. Consultado o 5-8-2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas:

[editar | editar a fonte]