Saltar ao contido

Argopecten purpuratus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Argopecten purpuratus

Valvas de Argopecten purpuratus
recollidas en Perú en 1979
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Orde: Ostreida
Superfamilia: Pectinoidea
Familia: Pectinidae
Subfamilia: Pectininae
Tribo: Aequipectinini
Xénero: Argopecten
Especie: A. purpuratus
Nome binomial
Argopecten purpuratus
(Lamarck, 1819)
Sinonimia
Véxase o texto
Exterior da valva esquerda de Argopecten purpuratus
Interior da valva esquerda do espécime arriba citado

Argopecten purpuratus é unha especie de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, subfamilia dos pectininos e tribo dos equipectininos, unha das oito integradas no xénero Argopecten.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck, baixo o nome de Pecten purpuratus.[1]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Pecten purpuratus Lamarck, 1819 (protónimo)
  • Pecten rudis G. B. Sowerby I, 1846 †

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Argopecten purpuratus habita en substratos rochosos cuberto por algas, encontrándose en agrupacións chamadas bancos, onde se distingue unha zona de alta concentración e outra periférica, onde se alimenta de fitoplancto, que filtra mediante os cilios.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distribúese polas costas do océano Pacífico de Perú e Chile, onde se coñece polos nomes vulgares de ostión del norte en Chile, e concha de abanico no Perú.

Características

[editar | editar a fonte]

Argopecten purpuratus presenta una cuncha grande, sólida, circular, moderadamente convexa e máis longa que alta.[2] A súa cuncha ten forma de abano, con ambas as valvas convexas, a esquerda lixeiramente máis que a dereita.[3] A súas cunchas son equivalvas, simétricas, pleurotéticas, equilateradas; a valva esquerda é algo máis abombada que a dereita. Los umbos son ortóxiros. Posúen un contorno circular e un perióstraco opaco.

A coloración externa por riba das costelas da cuncha é branca con zonas púrpuras, e alternativamente tamén se poden describir tons rosados e marróns. Ás veces pode ser completamente blanca, crema ou alaranxada, con pintas crema ou púrpura. A coloración interna das cunchas brancas é branca relucinte, pero nas coloreadas hai bandas concéntricas de diferentes cores. Existen estrías de interrupción do crecemiento concéntricas ben marcadas. O ligamento externo está insertado nuna raigaña ligamentaria. É monomiario, coa impresión do músculo pouco acusada, e a impresión deste é pouco clara.[2]

Importancia comercial e gastronómica

[editar | editar a fonte]
Prato típico de "ostiones frescos"
"Conchitas a la parmesana", receita típica para consumir as "conchas de abanico" en Perú

Este molusco é moi apreciado polo tamaño do seu músculo adutor (denominado localmente "callo"). Se explota a grande escala e tamén se cultiva sobre todo no norte de Chile. Alcanza gran valor a súa comercialización no mercado internacional. E é unha especie que se encontra en réxime de máxima explotación pesquiera.[3] Durante o ano 2014, desembarcáronse 4 146 toneladas en Chile, onde a IV rexión extraeu 3 340 toneladas, e a III rexión 806 toneladas.[4]

O éxito logrado en Chile co cultivo deste molusco puxo a esta actividad como unha das máis prometedoras no campo da acuicultura. En 1999, as 1 700 toneladas de carne de Argopecten purpuratus producidas permitiron a Chile situarse como o terceiro produtor mundial de pectínidos por cultivo, detrás de China e Xapón. O seu cultivo no ano 1998 alcanzou o primeiro lugar entre as distintas especies de moluscos que comercializa este país.[2]

Tense rexistro da súa extracción e consumo desde a época prehispánica de Chile.[5]

Este molusco consómese de forma fresca pola poboación, sendo acompañado con zume de limón e otros aderezos; tamén se come "á parmesana". Considérase de uso gourmet. Tamén se lle atribúen propiedades afrodisíacas.[6]

No norte de España

[editar | editar a fonte]

Investigadores da Universidade de Oviedo encontraron en 20 restaurantes, 18 deles na Comunidade auturiana, a presenza da especie Argopecten purpuratus, e que todos a vendían como zamburiña. Con permiso do polbo, líder indiscutíbel dos mariscos de Galicia, as zamburiñas son outras das tapas máis consumidas ao longoi do ano. Á parte do que lles gustan aos galegos e aos turistas, comparten co polbo que, aínda que coméndose en Galicia, reinando en bares e restaurantes, a mairría proceden doutros lugares. Pero hai unha diferenza relevante, xa que se tdos os polbos son octópodos, sexa cal for a súa orixe, as auténticas zamburiñas (Mimachlamys varia), galegas ou importadas, son as menos, onde quera que se coman. Que o de "zamburiña" se acuñou como nome comercial de especies que non o son, confírmano comercializadores por internet «vieira do Pacífico, un molusco bivalvo coñecido de forma xeral como zamburiña (non confundir coa galega)». Esta "vieira do Pacífico" no é outra que a especie Argopecten purpuratus, que é un dos sucedáneos das xenuínas. Quizais porque no prato poucos as distinguen, tamén triunfan como zamburiñas as volandeiras (Aequipecten opercularis), aínda que estas se asemellan máis. A partir de 13 euros é posíbem comer en locais hostaleiros polo menos seis viandas de prsuntas zamburiñas preparadas "á prancha" e colocadas nas súas valvas. Se as presentaran na cuncha completa (coas dúas valvas orixinais) sería posíbel averiguar a que especie pertencen, pero se as compran soltas... só os expertos distingurían a especie á que pertence a parte comestíbel, músculos, de cor branca, e as gónadas (ou as míllaras), de cor amarela e/ou alaranxada.[7]

Os cerca de 44 000 kg de zamburiñas subastados o ano 2021 nas lonxas galegas sería ao redor de 1,3 millóns de pezas, estimando unha media de 30 por kg. Con esta cantidade non daría nin que cada un dos 2,7 millóns de galegos puidese comer media vianda de zamburiña en todo o ano.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 Argopecten purpuratus (Lamarck, 1819) no WoRMS. Consultado o 29 de agosto de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Maeda-Martínez, Alfonso (2001). Los moluscos pectínidos de Iberoamérica: ciencia y acuicultura (1ª ed.). Limusa. ISBN 978-96-8186-385-2. 
  3. 3,0 3,1 Zuñiga, Oscar (2002). Moluscos. Guía de Biodiversidad N° 1, Vol I, Macrofauna y Algas Marinas (PDF). Consultado o 29 de agosto de 2022. 
  4. "Anuario 2014 - Desembarque Total Región". www.sernapesca.cl. Consultado o 29 de agosto de 2022. 
  5. "La Capital del Ostión - Tongoy Destino". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2022. Consultado o 29 de agosto de 2022. 
  6. Valenzuela B., Alfonso; Yánez, Carmen Gloria; Golusda V., Constanza (Xuño de 2011). "THE SCALLOP FROM THE CHILEAN NORTH (Argopecten Purpuratus), A FOOD WITH A HIGH NUTRITIONAL VALUE". Revista chilena de nutrición 38 (2): 148–155. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  7. 7,0 7,1 Serantes, S. (21 de agosto de 2022). "Comer zamburiña auténtica no es fácil, pero sus sucedáneos también triunfan". La Voz de Galicia. Consultado o 29 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]