Saltar ao contido

Pectinoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pectinoidea»)
Pectinoideos
Pectinoidea

Ollos dunha vieira (Pecten maximus)
Son os puntos negros que se ven no bordo do manto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Ostreida
Suborde: Pectinina
Superfamilia: Pectinoidea
Rafinesque, 1815
Familias
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Chlamys varia, unha zamburiña

A dos pectinoideos (Pectinoidea) é unha superfamilia de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos e a suborde dos pectininos.[1]

A superfamilia inclúe as vieiras e as chamadas na bibliografía internacional ostras espiñentas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A superfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz,[1] na súa obra Analyse de la Nature ou tableau de l'univers et des corps organisés, editada en Palermo.

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a superfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]

Na actualidade (2020) recoñécense na superfamilia as tres familias seguintes:[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Todos os membros desta superfamilia teñen un resilium, a parte interna do ligamento da charneira da cuncha dos bivalvos, que se asemella en consistencia e a miúdo se describe como unha cartilaxe, e que non está mineralizado (de feito é quitinoso).[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Pectinoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultado o 28 de xaneiro de 2020.
  2. O sufixo -oidea é obrigatorio para os nomes de superfamilias, segundo a norma 29.2 da ICZN.
  3. Waller, Thomas R. (2006). "Phylogeny of families in the Pectinoidea (Mollusca: Bivalvia): importance of the fossil record". Zoological Journal of the Linnean Society 148 (3): 313–342. doi:10.1111/j.1096-3642.2006.00258.x. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Raines, B. K. & Poppe, G. T. (2006): "The Family Pectinidae". En: Poppe, G. T. & Groh, K.: A Conchological Iconography. , Hackenheim: ConchBooks. ISBN 3-9259-1978-3.
  • Bieler R., Carter J. G. & Coan E. V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184, pp. 113–133,.
  • Dijkstra H. H. & Maestrati P. (2012): "Pectinoidea (Mollusca, Bivalvia, Propeamussiidae, Cyclochlamydidae n. fam., Entoliidae and Pectinidae) from the Vanuatu Archipelago". Zoosystema 34 (2): 389-408.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]